Prudencia Santasmarinas Raposo, nada en Santiago de Compostela o 7 de febreiro de 1943 e finada no mesmo lugar o 31 de marzo de 2019, foi unha feminista e activista galega que liderou a oposición contra a instalación da central nuclear de Regodela, Xove. En 2010 recibiu  a Medalla Castelao polo seu labor para lograr a profesionalización do sector marisqueiro galego e da formación das mulleres que traballaban neste sector.

Traxectoria Pencha Santasmarinas era mestra de formación e traballou como axente de economía doméstica na oficina de Extensión Agraria de Viveiro. Xunto a Africa Leira "participou activamente en labores de concienciación do campesiñado e de oposición á explotación dos seus recursos". Entre 1976 e 1977 liderou e coordinou a contestación social contra a instalación dunha central nuclear en Regodela.

En 1993  incorporouse á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura como xefa de Extensión Pesqueira, cargo no que empregou os seus coñecementos de mellora e organización no ámbito agrario para aplicalos ao marisqueo. Pencha "foi a impulsora dun proceso de renovación e cambio da actividade marisqueira en Galicia, contribuíndo á profesionalización desta actividade practicada por milleiros de mulleres ata entón como unha actividade secundaria e complementaria allea á regulación".

Recoñecementos En 2010 foi premiada coa Medalla Castelao polo seu traballo coas mulleres do sector marisqueiro.

É unha das protagonistas de Digna Rabia, un documental no que se analiza a represión que o franquismo impuxo ás mulleres.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Entrevista no programa Galegos da RTVG.

Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Activistas de Galicia Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes