Kristine Tsuya Yamaguchi, nada o 12 de xullo de 1971 en Hayward, California, Estados Unidos, é unha patinadora artística estadounidense, campioa olímpica de Albertville 1992 na proba individual feminina. É tamén campioa mundial en 1991 e 1992 e campioa dos Estados Unidos en 1992.

Antes diso practicaba a patinaxe en parellas. Con Rudy Galindo logrou as medallas de ouro no campionato dos Estados Unidos xuvenil no ano 1986, e nos campionatos dos Estados Unidos ("adultos") de 1989 e 1990. No campionato mundial xuvenil de 1988 logrou dúas medallas de ouro: como patinadora de parellas con Rudy Galindo e como patinadora individual.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Hayward Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992