Os Psittacoidea (psitacoideos) son a maior superfamilia dos Psittaciformes, que comprende os papagaios "verdadeiros" ou típicos, unhas 350 especies de aves xeralmente de plumaxe rechamante e case todas voadoras (cunhas poucas notables excepcións: 4 especies viven no chan, tres no xénero Pezoporus e o Cyanoramphus unicolor) peteiros ganchudos, principalmente herbívoras. É unha das tres superfamilias dos Psittaciformes, as outras dúas son a dos Cacatuoidea (cacatúas) e os Strigopoidea (papagaios de Nova Zelandia). Os Psittacoidea están moi espallados, con especies en México, América Central, América do Sur, África subsahariana, a India, sueste asiático, Australia, e desde alí cara ao leste polas illas do Pacífico ata a Polinesia. Entre eles están a maioría dos papagaios que nos son máis familiares, como guacamaios, cotorras, Lorini, Eclectus, Amazona, Psittacus erithacus e Melopsittacus undulatus.
Taxonomía
Nas clasificacións tradicionais, a familia Psittacidae (que nelas, xunto coa Cacatuidae formaba a orde Psittaciformes) considerábase que contiña dúas subfamilias, a Psittacinae e a Loriinae. Porén, a árbore das familias de papagaios foi agora reorganizada, situándoa dentro da superfamilia Psittacoidea, e dividindo a familia Psittacidae en tres familias, á vez que as tribos Strigopini e Nestorini foron pasadas á superfamilia Strigopoidea (papagaios de Nova Zelandia), e creouse tamén unha nova superfamilia monotípica, a dos Cacatuoidea, que contén a familia Cacatuidae.
A seguinte clasificación está baseada nas propostas máis recentes, que á súa vez están baseadas en todos os descubrimentos recentes relevantes.
Familia Psittacidae, papagaios do Novo Mundo e de África Subfamilia Psittacinae: dous xéneros africanos, Psittacus e Poicephalus Subfamilia Arinae, neotropicais Tribo Arini: 17 xéneros e un xénero extinto Tribo Androglossini: 7 xéneros clado (tribo proposta dos Amoropsittacini) catro xéneros clado (tribo proposta dos Forpini) un xénero (outras tribos) 5 xéneros Familia Psittrichasiidae, papagaios de illas do océano Índico Subfamilia Psittrichasinae: unha especie, Psittrichas fulgidus Subfamilia Coracopsinae: un xénero con varias especies Familia Psittaculidae, papagaios de Asia e Australasia Subfamilia Platycercinae Tribo Pezoporini: papagaios terrestres e aliados Tribo Platycercini: papagaios de cola ancha Subfamilia Psittacellinae: un xénero (Psittacella) con varias especies Subfamilia Loriinae Tribo Loriini: 12 ou 13 xéneros Tribo Melopsittacini: unha especie, Melopsittacus undulatus Tribo Cyclopsittini: dous xéneros Subfamilia Agapornithinae: tres xéneros Subfamilia Psittaculinae Tribo Polytelini: tres xéneros Tribo Psittaculini: psitacinos de Asia Tribo Micropsittini: os papagaios pigmeos
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
"True parrot" na Encyclopedia of Life
Vídeos de papagaios en Internet Bird Collection
Categoría:Psitaciformes