Goosebumps é un filme estadounidense de 2015 escrito por Darren Lemke e dirixido por Rob Letterman. Baséase na serie de libros de terror infantil escritos por R. L. Stine, e conta a historia dun adolescente que tenta salvar a súa vila coa axuda de Stine logo de que tódolos monstros da franquía Goosebumps escaparan dos libros. Está protagonizado por Jack Black, Dylan Minnette, Odeya Rush, Amy Ryan, Ryan Lee e Jillian Bell.

O desenvolvemento dun filme de Goosebumps comezou en 1998, con Tim Burton como director. Logo de non conseguir determinar cal libro debía ser adaptado, o proxecto foi detido. A comezos de 2008, Columbia Pictures adquiriu os dereitos co obxectivo de crear un filme baseado en Goosebumps, e o proxecto entrou de novo en fase de desenvolvemento. A fotografía principal estendeuse dende abril até xullo de 2014 en Candler Park, Atlanta.

Goosebumps estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 16 de outubro de 2015, por Columbia Pictures. O filme foi un éxito comercial e da crítica, que eloxiou o humor, o uso dos personaxes orixinais de Goosebumps así como as interpretacións (particularmente as de Black e Minnette) e conseguiu recadar máis de 158 millósn de dólares sobre un orzamento de 84 millóns. Unha secuela, titulada Goosebumps 2: Haunted Halloween, estreouse o 12 de outubro de 2018.

Personaxes Jack Black como R. L. Stine Black tamén fai as voces de Slappy the Dummy R. L. Stine fai un cameo como Mr. Black Dylan Minnette como Zachary "Zach" Cooper Odeya Rush como Hannah Stine Amy Ryan como Gale Cooper Ryan Lee como Champ Jillian Bell como Lorraine Conyers Halston Sage como Taylor Ken Marino como adestrador Carr Timothy Simons como Oficial Stevens Amanda Lund como Oficial Brooks Steven Krueger como Davidson Karan Soni como Mr. Rooney Kumail Nanjiani como Foreman

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2015 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Rob Letterman Categoría:Filmes de lobishomes Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes de Sony Pictures Animation Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes de Columbia Pictures