miniatura|260px|Caracol Cyphoma gibbosum en Gorgonia flabellum 260px|miniatura|Gorgonia ventalina Gorgonia é un xénero de cnidarios antozoos da subclase dos octocoraliarios, orde dos alcionáceos, suborde dos holaxonios, que é o xénero tipo da familia dos gorgoníidos.Gorgonia Linnaeus, 1758 no WoRMS.Gorgonia na EOL.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 no Tomo I da súa obra Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Holmiae: Impensis Direct. Laurentii Salvii.

Etimoloxía O nome científico Gorgonia está formado polos elementos Gorgon-, tirado do acusativo latino Gorgōna, de Gorgō, -ōnis, unha das tres medusas Gorgonas da mitoloxía grega, e -ia, indicando feminino.Gorgonia no Merriam-Webster Dictionary.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Rhipidogorgia. Valenciennes, 1855 Rhizalcyon. Bayer, 1995

Especies Segundo o WoRMS, o xénero conta coas seguintes especies:

Gorgonia capensis. Hickson, 1900 Gorgonia clathrus. Pallas, 1766 Gorgonia coarctata. (Valenciennes, 1855) Gorgonia cribrum. Valenciennes, 1846 Gorgonia crinita. Valenciennes, 1855 Gorgonia elegans. Duchassaing & Michelotti, 1864 Gorgonia flabellum. Linnaeus, 1758 Gorgonia flavescens. Kükenthal, 1924 Gorgonia mariae. Bayer, 1961 Gorgonia occatoria. (Valenciennes, 1855) Gorgonia palma. Pallas, 1766 Gorgonia reticulum. Pallas, 1766 Gorgonia sarmentosa. Esper, 1789 Gorgonia stricta. Bertoloni, 1825 Gorgonia suberosa. Pallas, 1766 Gorgonia subtilis. Valenciennes, 1855 Gorgonia venosa. Valenciennes, 1855 Gorgonia ventalina. Linnaeus, 1758 Gorgonia venusta. Dana, 1846 Gorgonia petezichans. Pallas, 1766 (nomen dubium)

Nota taxonómica O termo gorgonia é, así mesmo, o nome común xenérico para referirse a calquera especie de octocoral con esqueleto córneo, incluídas nas subordes Calcaxonia, Holaxonia ou Scleraxonia.

Aínda que algunhas especies deste xénero, como Gorgonia flabellum ou G. ventalina, son quizais as máis coñecidas popularmente, e de aí provén o nome común xenérico.

Características A estrutura das especies deste xénero é ramificada, na maioría delas en forma de abano, e crecen nun só plano. Forman estruturas en forma de redes interconectadas, compostas de pequeas poliñas fusionadas en mallas apertadas.

A cor da estrutura, que fai as veces de esqueleto, é púrpura, branca ou morada.

Os pólipos, normalmente de cor marrón, amarela ou dourada, crecen aliñados nas pólas, tamén nun só plano e espazados regularmente. Os dalgunhas especies liberan terpenoides que afectan negativamente a outros corais,Borneman, Eric H. (2001): Aquarium corals: selection, husbandry and natural history. Neptune City, Nova Jersey, USA: TFH Publications, Inc. ISBN 978-1-8900-8747-0. sendo en ocasións, unha arma para competir polo espazo e a luz nos arrecifes coralinos.

Algunhas especies alcanzan os 2 m de altura, por outros tantos de ancho.

Hábitat e distribución Hábitat Adoitan habitar en arrecifes, coa súa base enterrada no substrato, en solos areosos ou gretas de rochas, entre 1 e 895 m de profundidade, aínda que son máis frecuentes entre os 2 e os 15 m.

Distribución Distribúense en augas tropicais do océano Atlántico occidental, no golfo de México, o Caribe, as Bahamas e o Brasil, e tamén no Indo-Pacífico, desde a costa da África oriental, Madagascar, Indonesia, Australia, Nova Zelandia e os territorios dos Estados Unidos de América no Pacífico norte (Hawai, Midway, illas Marianas do Norte, Guam).

Bioloxía Alimentación As especies do xénero Gorgonia conteñen no seu interior algas simbióticas chamadas zooxantelas. As algas realizan a fotosíntese, producindo oxíxeno e glícidos que son aproveitados poas gorgonias, e que se alimentan dos catabólitos das gorgonias (especialmente fósforo e nitróxeno). Porén, alimenténtanse tanto dos produtos que xeran estas algas (entre un 75 e un 90 %) como das presas do microplancto, que capturan cos seus minúsculos tentáculos.Las Gorgonias o Abanicos de Mar, ¿corales o no? en buceoiberico.com .

Reprodución Reprodúcense sexual e asexualmente.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Baensch, Hans A. & Debelius, Helmut (1998): Marine Atlas. Osnabrück, Baixa Saxonia, Alemaña: Mergus Verlag GmbH. ISBN 978-3-8824-4054-6. Borneman, Eric H. (2001): Aquarium corals: selection, husbandry and natural history. Shelburne, Vermont, USA: Microcosm Ld. ISBN 978-1-8900-8747-0. Sprung, Julian & Delbeek, J. Charles (1997): The Reef Aquarium. Vol 2. Miami Gardens, Florida, USA: Ricordea Publishing. ISBN 978-1-8836-9313-8.

Outros artigos Cnidarios Antozoos

Ligazóns externas Las Gorgonias o Abanicos de Mar, ¿corales o no? en buceoiberico.com . ¿Qué son las gorgonias? Un estudio revela que estas plantas son al mar lo que los árboles a la tierra en heraldo.es . Sea fan (genus Gorgonia) na Encyclopaedia Britannica .

Categoría:Cnidarios Categoría:Taxons descritos por Linné