Luís Gil de Vicario, nado en Burgos o 20 de outubro de 1898 e finado en Barcelona o 8 de xullo de 1959, foi un pintor, profesor e político español.
Traxectoria Compaxinou os estudos de bacharelato con estudos de pintura e debuxo na Academia del Real Consulado de Burgos. Estudou Filosofía e letras na Universidade Literaria de Murcia. Foi profesor de debuxo no Colexio “La Purísima", asociado ao Instituto de Cartaxena (1922-1925) e auxiliar interino no Instituto de Osuna (Sevilla) en 1927. En 1928 foi nomeado catedrático de debuxo no Instituto de Vigo,El Pueblo Gallego3-10-1928, p. 6, permancendo neste posto até 1934. Foi fundador e presidente da agrupación local viguesa de Acción Republicana. En 1933 obtivo unha pensión da Junta de Ampliación de Estudios para estudar a técnica e os procedementos da ensinanza do debuxo en Alemaña e Austria. Finalmente só estivo nove meses en Austria. En 1934 obtivo a cátedra de debuxo no Instituto Balmes de Barcelona. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Vigo de vacacións. Permaneceu na cidade e foi destinado ao instituto de Monforte de Lemos. En 1937 abríronlle expediente de depuración e como resultado foi suspendido durante un ano; afiliouse aos requetés. En 1938 fou destinado ao Instituto José Zorrilla de Valladolid, e en 1939 reincorporouse ao Instituto Balmes. A partir de 1941 foi catedrático de Pedagoxía do debuxo na Escola Superior de Belas Artes de San Jorge, da que tamén foi secretario. En 1944 obtivo a cátedra de nova creación de Pedagoxía do debuxo na Facultade de Belas Artes da Universidade de Barcelona.
Como artista participou na Exposición Internacional de Venecia, a Exposición Internacional de Barcelona e o Salón de Otoño de Madrid. Foi recoñecido como debuxante e ilustrador de revistas e novelas, e tamén exerceu como crítico de arte. Colaborou en La Verdad de Murcia, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, e nas revistas Blanco y Negro, La Esfera, Nuevo Mundo, e Gaceta de las Bellas Artes.
Recoñecementos
Aos vinte anos obtivo o premio único da Exposición Nacional de Pintura pola súa obra “Caput Castellae”. Foi galardoado nas exposicións de Monza, Venecia, París, Nova York, Madrid e Sevilla.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Gil de Vicario, Luis
Categoría:Pintores de España Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Burgos
Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1959