miniatura|Cartel en Baralla. Miss Vaca Galicia é un concurso organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006. Ademais, entréganse outros galardóns: «Miss Poderosa», «Miss Aloumiños», «Miss Donaire» e «Miss Ollos Bonitos».

Funcionamento do concurso O concurso ten dúas fases. Na primeira, ábrese un período para que os donos das vacas poidan postular a algunha das súas reses como "Miss Vaca" da provincia galega que representan. Posteriormente, o programa designa un xurado que selecciona a unha "Miss Vaca" por cada unha das catro provincias galegas (Provincia da Coruña, Provincia de Lugo, Provincia de Ourense, Provincia de Pontevedra), entre todas as candidaturas presentadas. Na segunda fase, nunha sesión do Luar, as catro vacas finalistas son presentadas ao público e sométese a votación entre os telespectadores a decisión do título de "Miss Vaca Galicia"; isto é, a vaca máis fermosa de Galicia dese ano.

Resultados dos concursos Os resultados do concurso, ano a ano, foron os seguintes. As vacas gañadoras aparecen destacadas en grosa.

+A CoruñaLugoOurensePontevedra2006RubiaLunaMirandaMarela2007Bonita2008Preciosa2009Pantoja2010Cuca2011Linda2012 non se celebrou2013GalleiraLuceraRoxaXata2014 non se celebrou2015 non se celebrou2016TuriTouraNogueiraRubia2017PreciosaLindaMuñecaCorneta2018GallardaMacarenaPrincesaCuca2019PanchaPastoraGallardaClara2020PastoraMariposaBonitaCereixa2021PuchaTeixaNogueiraVarela2022LindaCachorraLuceraRubia2023BlancaDuquesaMarelaRubia2024CucaNavarraGallardaParrula

O palmarés por provincia quedaría de tal maneira: +PostoProvinciaTítulos125px Lugo12220px A Coruña2325px Ourense1325px Pontevedra1

Outros premios Á vez do gran premio Miss Vaca, Luar dende 2013 tamén reparte unha serie de galardóns especiais a cada unha das catro vacas participantes, sendo estes galardóns o Miss Aloumiños, Miss Poderosa, Miss Donaire e Miss Lindos Ollos facendo referencia ao trazo máis significativo de cada vaca. Os galardóns dos últimos anos repartíronse da seguinte maneira:

+Miss PoderosaMiss AloumiñosMiss DonaireMiss Lindos Ollos2013Galleira (A Coruña)Roxa (Ourense)Lucera (Lugo)Xata (Pontevedra)2016Toura (Lugo)Turi (A Coruña)Nogueira (Ourense)Rubia (Pontevedra)2017Linda (Lugo)Corneta (Pontevedra)Preciosa (A Coruña)Muñeca (Ourense)2018Gallarda (A Coruña)Princesa (Ourense)Macarena(Lugo)Cuca (Pontevedra)2019Pancha (A Coruña)Clara (Pontevedra)Gallarda (Ourense)Pastora (Lugo)2020Pastora (A Coruña)Bonita (Ourense)Cereixa (Pontevedra)Mariposa (Lugo)2021Teixa (Lugo)Pucha (A Coruña)Nogueira (Ourense)Varela (Pontevedra)2022Rubia (Pontevedra)Cachorra (Lugo)Linda (A Coruña)Lucera (Ourense)2023Blanca (A Coruña)Marela (Ourense)Duquesa (Lugo)Rubia (Pontevedra)2024Cuca (A Coruña)Navarra (Lugo)Gallarda (Ourense)Parrula (Pontevedra)

+Número de veces gañadasMiss PoderosaMiss AloumiñosMiss DonaireMiss Lindos OllosA Coruña6220Lugo3232Ourense0442Pontevedra1216

Cabe resaltar que ningunha Miss Donaire gañou o Miss Vaca, pola contra parece que as Miss Poderosa teñen máis posibilidades de gañar o concurso.

+Miss VacaMiss Poderosa6Miss Aloumiños2Miss Donaire0Miss Lindos Ollos2

Notas

Categoría:Concursos da TVG Categoría:Vacas