Balance, Not Symmetry é o oitavo álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Biffy Clyro, publicado o 17 de maio de 2019 a través do selo Warner Bros. Records. O disco tamén serve como banda sonora para a película do mesmo nome, co-escrita polo líder do grupo Simon Neil. O álbum foi gravado nos AIR Studios en Inglaterra, no Monnow Valley Studio en Gales e nos ICP Studios en Bélxica coa coprodución de Adam Noble. Inicialmente só estivo dispoñible como descarga dixital e en streaming e foi lanzado en vinilo o día 26 de xullo de 2019.
Tras o seu lanzamento Balance, Not Symmetry estreouse no número 8 da lista escocesa de álbums e no 36 da británica. A súa canción título, publicada como sinxelo principal do disco, foi número 65 na lista de sinxelos escocesa e 19 na lista se sinxelos de rock e metal británica.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Biffy Clyro Categoría:Álbums musicais de 2019 Categoría:Álbums de Warner Bros. Records