Rafael Lareo Mallo, nado en Santiago de Compostela cara a 1900 e finado en Vigo o 17 de abril de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Tradutor, en 1929 aprobou os exames para gardas municipais intérpretes da Coruña.El Pueblo Gallego, 27-4-1929, p. 2. En febreiro de 1932 foi expulsado do corpo da Garda Municipal con Juan Santiago Alamo Manzano.El Ideal Gallego, 4-2-1932, p. 3. En xuño de 1934 foi detido na Coruña por unha pelexa.El Pueblo Gallego, 10-6-1934, p. 9. En abril de 1935 aprobou a oposición para intérprete do Concello de Vigo.El Pueblo Gallego, 17-4-1935, p. 2. Veciño de Lavadores, foi directivo do sindicato de oficios varios da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo por rebelión militar. Foi condenado a pena de morte e executado ás 11 horas do 17 de abril de 1937 con Rogelio Arjones, Moisés Pereira Figueras e Ricardo Solla Lemos, nas inmediacións do castelo do Castro.El Pueblo Gallego, 18-4-1937, p. 7.

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos