A Simple Favor é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Paul Feig a partir dun guión de Jessica Sharzer. A historia está baseada na novela homónima de 2017 escrita por Darcey Bell. Está protagonizado por Anna Kendrick, Blake Lively, Henry Golding, Andrew Rannells, Linda Cardellini, Rupert Friend e Jean Smart. Conta a historia dunha nai vlogger dunha vila pequena que tenta solucionar a desaparición dunha amiga rica e misteriosa.

A Simple Favor estreouse nos Estados Unidos o 14 de setembro de 2018 a través de Lionsgate. Os críticos enxalzaron os xiros do argumento e as interpretacións de Kendrick e Lively. O filme recadou 97 millóns de dólares sobre un orzamento de 20 millóns.

Personaxes Anna Kendrick como Stephanie Smothers Blake Lively como Emily Nelson / Hope McLanden e Faith McLanden Nicole Peters & Lauren Peters como Hope McLanden e Faith McLanden (con 16 anos) Henry Golding como Sean Townsend Andrew Rannells como Darren Linda Cardellini como Diana Hyland Jean Smart como Margaret McLanden Rupert Friend como Dennis Nylon Eric Johnson como Davis Dustin Milligan como Chris Bashir Salahuddin como Detective Summerville Joshua Satine como Miles Smothers Ian Ho como Nicky Nelson Kelly McCormack como Stacy Sarah Baker como Maryanne Chelkowsky

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Paul Feig Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes sobre irmás xemelgas