Labrus mixtus, coñecido como gaián ou como rei, é un peixe osteíctio mariño da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos,Labrus viridis Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultada o 10 de agosto de 2020.Labrus viridis Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultada o 10 de agosto de 2020. unha das 4 especies integradas no xénero Labrus, segundo o WoRMS,Labrus Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 10 de agosto de 2020. e a FishBase,Labrus en FishBase. Consultado o 10 de agosto de 2020. ou as 17, segundo o ITIS.Labrus, Linnaeus, 1758 no ITIS. Consultada o 10 de agosto de 2020.
É a especie tipo do xénero Labrus.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 no Tomo I da súa obra Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Holmiae: Impensis Direct. Laurentii Salvii.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2019): Labrus mixtus Linnaeus, 1758 en FishBase.
Labrus bimaculatus Linnaeus, 1758 Labrus carneus Ascanius, 1772 Labrus coeruleus Ascanius, 1772 Labrus coquus J. F. Gmelin, 1789 Labrus larvatus Lowe, 1852 Labrus lineatus Bonnaterre, 1788 Labrus luvarus Rafinesque, 1810 Labrus ossifagus Linnaeus, 1758 Labrus quadrimaculatus A. Risso, 1827 Labrus trimaculatus Bonnaterre, 1788 Labrus variegatus J. F. Gmelin, 1789 Labrus varius Linnaeus, 1758 Labrus vetula Bloch, 1792 Sparus formosus Shaw, 1790
Nota taxonómica Durante moitos anos a especie coñeceuse co nome de Labrus bimaculatus, un dos sinónimos do nome válido, e así aparece en numerosas obras, entre elas algunhas das citadas na bibliografía deste artigo, así como nalgúns modernos dicionarios galegos.Ledo Cabido, Bieito, director (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.VV. AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Hábitat e distribución Hábitat Labrus bimaculatus é unha especie litoral que se encontra onde hai rochas e outros substratos duros en zonas con algas, a profundidades de entre os 2 e os 200 m, pero principalmente entre os 20 e os 80 m.Gomon, M. F. & P. Forsyth (1990): "Labridae", pp. 868-882. En J. C. Quero, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT, París: SEI e UNESCO, Vol. 2.Quignard, J.-P. & A. Pras (1986): "Labridae", pp. 919-942. En P. J. P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen & E. Tortonese (eds.) Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean. París: UNESCO, Vol. 2.
Distribución A súa área de distribución é a zona suptropical do Atlántico oriental, desde o sur de Noruega até os Azores, Madeira e o Senegal, e tamén no Mediterráneo, entre os 68° e os 12° N, e os 32° O e os 34° L.Labrus mixtus Linnaeus, 1758 en FishBase .Gregory, P. (2003): Cuckoo wrasse (Labrus mixtus). En Tyler-Walters, H. & Hiscock K. (eds) Marine Life Information Network: Biology and Sensitivity Key Information Reviews. Plymouth: Marine Biological Association of the United Kingdom.
Características As principais características morfolóxicas do gaián son:Cuckoo wrasse. Labrus mixtus en Sussex Wild Life Trust . Consultada o 13 de agosto de 2020.Cuckoo Wrasse. Labrus mixtus en britishseafishing.co.uk . Consultada o 13 de agosto de 2020. Corpo delgado e alongado, máis do que o seu conxénere Labrus bergylta (a maragota), co que é simpátrico no Atlántico nororiental, cuberto de escamas relativamente pequenas, con máis d5 50 na liña lateral. A súa coloracion é moi variada, amosando gran dimorfismo sexual. Os individuos novos e as femias son de cor alaranxada con dúas manchas negras na base da aleta dorsal e outra na parte alta do pedúnculo caudal. Nos machos a cor e parda verdosa, sen as manchas negras mencionadas, e con 4 ou 5 bandas lonxitudinais de cor violeta. Pero tamén os machos maduros podr presentar a cabeza azul e o resto do corpo alaranxado, con bandass azuis e patróns con pintas que se estenden ao longo do corpo e nos bordos das aletas. Cabeza co fociño rematado en punta. Ollos grandes. Boca pequena, algo protráctil, con labios grosos, e con catro dentes bastante robustos e outros máis pequenos, finos e agudos, en cada maxilar. Ademais destes dentes bucais dispoñen doutros dentes, planos, na farinxe. O perfil superior da aleta dorsal segue unha liña regular que pode ser ascendente, pro sen que a porción branda forme un lóbulo prolongado, como ocorre noutras especies da familia. A aleta caudal é ampla, e co perfil posterior algo arredondado pero case vertical.
Bioloxía Costumes É o labriodo que máis se afasta da costa, e os adultos son solitarios, ou viven emparellados con xuvenís. Os adultos encóntranse en zonas con algas nas costas rochosas.
Nutrición Aliméntanse principalmente de crustáceos pero tamén comen moluscos, pequenos peixes e miñocas. Os grosos labios e os afiados dentes cónicos frontais son unha adaptación para extraeren mariscos das rochas, e compleméntanse con potentes dentes farínxeos situados máis atrás, na garganta, que poden romper as cunchas para accederen á carne do interior.
Reprodución Alcanzan a madurez sexual aos dous anos de vida. Reprodúcense na primavera. No momento da desova os machos dominan un pequeno territorio a onde acudirán as femias, e constrúen un niño con algas, onde as femias poñen milleiros de óvulos, que son custodiados, e fecundados polos machos. Os machos defenden o niño até que os óvulos eclosionan en larvas peláxicas ao cabo dunha ou dúas semanas. O gaián é hermafrodita protóxino (ao naceren todos son femias), e cambian de sexo a machos, nun proceso que dura ao redor de sete meses.
En Galicia A primeira cita da presenza desta especie en augas galegas débese a José Cornide Saavedra, na súa obra Ensayo de una historia de los peces y de otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos LinneoCornide Saavedra, J. (1788): Ensayo de una historia de los peces y de otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo., publicada en 1788, onde aparece citada como Labrus livens, pero xa desde 1952, con De Buen, figura como Labrus mixtus.De Buen, F. (1935): "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abismos próximos. II parte". Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 89-148.
Nomes galegos Ademais dos consagrados pola Real Academia Galega, que Ríos Panisse recolleu en doce localidades como gaián (nalgunhas referido este nome so ás femias), e en cinco como rei, esta investigadora da lingua recolleu tamén, entre outros, o nome de taberneiro en dez localidades.
Uso e ameazas O gaián comese ocasionalmente, aínda que a súa carne non é apreciada en moitos lugares, por exemplo, na Gran Bretaña, polo que non ten moita demanda na pesca comercial. Porén, é capturado por pescadores deportivos.
A maior ameaza para esta especie é a degradación do seu hábitat debido á eutrofización. Outras ameazas menores para o seu hábitat son o fondeo de barcos e as actividades dos mergulladores, que poden destruír as colonias de corais de Gorgonia sp. A degradación do hábitat é a principal ameaza nas áreas menos profundas da área de distribución desta especie. Os exemplares máis grandes captúranse para utilizarse como peixe comestíbel no mar Mediterráneo e nas illas da Macaronesia. En Chipre captúrase comunmente con trasmallos.Golani D.; B. Oztürk & N. Basusta (2006): "Fishes of the eastern Mediterranean". Istanbul: Turkish Marine Research Foundation, Publication Nº 24. A pesar di reducido das capturas, estas poden representar unha ameaza no futuro dados os factores intrínsecos, como a baixa densidade da poboación e a sexualidade da especie.
Estado de conservación Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC), esta especie está presente na maior parte do Mediterráneo e no Atlántico oriental. Nas zonas menos profundas da súa área de distribución, a degradación do seu hábitat é preocupante. Aínda que non hai información da súa poboación, crese que é estábel, polo que cualifica á especie como LC (pouco preocupante).Pollard, D. & Choat, J. H. (2010): Labrus viridis na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 10 de agosto de 2020.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bauchot, M.-L. (1987): "Poissons osseux", p. 891-1421. in A. W. Fischer, M. L. Bauchot e M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Roma: Italia. Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0685-6. Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, Missouri, USA: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Helfman, G.; B. Collette e D. Facey (1997): The diversity of fishes. Malden, Massachusetts, USA: Blackwell Science Inc. ISBN 978-0-8654-2256-8. Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World, 4th Edition. Hoboken, New Jersey, USA: John Wiley & Sons Inc. ISBN 0-471-25031-7. Parenti, P. & J. E. Randall (2000): "An annotated checklist of the species of the Labroid fish families Labridae and Scaridae". Ichthyological Bulletin of the J. L. B. Smith Institute of Ichthyology, 68: 1-97. Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I, Invertebrados y peces. Verba. Anuario gallego de filología. Anexo 7. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1994): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-784-6.
Outros artigos Lábridos Labrus
Ligazóns externas Labrus mixtus en monaconatureencyclopedia.com . Consultado o 13 de agosto de 2020. Gallito de rey (Labrus mixtus) en vivelanaturaleza.com . Consultado o 13 de agosto de 2020. Gallano. Labrus bimaculatus en masmar.com . Consultado o 13 de agosto de 2020. Cuckoo Wrasse. Labrus mixtus Linnaeus 1758 na EOL. Coquette. Labrus mixtus Linnaeus 1758 en DORIS. Labrus mixtus Linnaeus, 1758 no GBIF.
Categoría:Labroideos Categoría:Fauna de África Categoría:Fauna de Europa Categoría:Fauna de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné