Lucia Moholy, nada como Lucia Schulz en Praga o 18 de xaneiro de 1894 e finada en Zürich o 17 de maio de 1989, foi unha fotógrafa e editora checa nada como Schulz, importante figura da vangarda alemá de entreguerras. As súas fotos documentaron a arquitectura e os produtos da Bauhaus, e presentaron as súas ideas ao público trala segunda guerra mundial. Porén, Moholy rara vez foi acreditada pola súa obra, moitas veces atribuída ao seu marido László Moholy-Nagy ou a Walter Gropius.
Traxectoria Lucía Schulz estudou historia da arte e filosofía na súa Universidade de Praga. En 1919 publicou obras literarias radicais e expresionistas co pseudónimo "Ulrich Steffen". Coñeceu o artista húngaro László Moholy-Nagy en Berlín en 1920 e casou con el o día do seu 27 aniversario en xaneiro de 1921. Os tres pasaron cinco anos na escola da Bauhaus, onde Lucia Moholy explorou a súa afección á fotografía.
Coincidindo coa época da BauhausMuseo da Bauhaus en Dessau, en que o seu marido foi un importante profesor e teórico dende 1923, realizou un rico labor de documentación fotográfica de todos os aspectos da vida diaria na Bauhaus, dende o máis doméstico ata os traballos e deseños realizados nas súas fábricas de Weimar e Dessau.Sachsse, Rolf. Lucia Moholy Bauhaus Fotograjin. Berlin: Bauhaus-Archiv, 1995Schuldenfrei, Robin. “Images in Exile: Lucia Moholy's Bauhaus Negatives and the Construction of the Bauhaus.” In History of Photography 37:2 (maio de 2013):182-203. Tamén retratou moitas das súas figuras máis importantes, dende o propio Moholy-Nagy, ata deseñadoras e fotógrafas como Marianne Brandt ou doutros recoñecidos artistas internacionais da altura de Paul Klee, Kandinsky, Georg Muche ou Anni Albers. O seu propio marido sempre recoñeceu o seu importantísimo papel nese ámbito, mesmo cando xa estaba divorciados.
Debido á súa orixe xudía (ela declarábase atea) tivo que fuxir de Alemaña coa chegada do nazismo e acabou traballando no Reino Unido e nos Estados Unidos. Ademais de desenvolver o seu labor no mundo editorial tamén o fixo colaborando coa ONU.
Moholy mudouse en 1959 a Zollikon, Suíza, onde escribiu sobre a súa época na Bauhaus, e centrouse na crítica de arte.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Lucia Moholy's work at the Metropolitan Museum of Art
Categoría:Nados en Praga Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Editores Categoría:Personalidades da fotografía Categoría:Artistas da República Checa