Jarred Jakobi Vanderbilt, nado o 3 de abril de 1999 en Houston, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Con 2,06 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.

Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Vanderbilt foi seleccionado polos Orlando Magic na 41ª posición do Draft da NBA de 2018, e foi traspasado ós Denver Nuggets. O 11 de xullo de 2018, Vanderbilt asinou cos Nuggets. Debutou na NBA o 25 de xaneiro de 2019 na vitoria de Denver por 132-95 contra os Phoenix Suns, xogando catro minutos e facendo un punto, tres rebotes e unha asistencia.

O 5 de febreiro de 2020, Vanderbilt foi traspasado ós Minnesota Timberwolves nun traspaso entre catro equipos.

O 6 de xullo de 2022, Vanderbilt foi traspasado ós Utah Jazz xunto a Patrick Beverley, Malik Beasley, Leandro Bolmaro, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert.

O 9 de febreiro de 2023, os Lakers traspasaron a Vanderbilt nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Minnesota Timberwolves. Debutou cos Lakers dous días máis tarde, facendo 12 puntos, 8 rebotes e 4 asistencias na vitoria dos Lakers por 109–103 contra os Golden State Warriors.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers