Liza Lapira, nada en Nova York o 3 de decembro de 1981 é unha actriz norteamericana.
Traxectoria Liza Lapira naceu no barrio de Queens de pais filipinos. En Nova York actuou na escena teatral en obras como Ao voso gusto, The School for Wives, Odisea, e na obra de Alexandra Cunningham No. 11 Blue and White. No ano 2004 trasladouse aos Ángeles e o seu primeiro papel relevante foi na serie de televisión Huff, de Showtime, que tivo a súa estrea o 7 de novembro de 2004 e que se mantivo dúas tempadas. Lapira apareceu en series tan recoñecidas como Grey's Anatomy (2006), Monk (2007) Dexter (2008) ou ER (2008). No filme 21 de 2008 deu vida a unha das protagonistas, Kianna e tivo un papel relevante en Fast & Furious en 2009. Na serie NCIS entre 2006 e 2008 apareceu en 12 episodios como a axente Michelle Lee e en Dollhouse (2009/10) deu vida á neurocientífica Yvy. Tamén tivo papeis habituais en Traffic Light (2011), Don't Trust the B---- in Apartment 23 (2012/13), Battle Creek (2015), Cooper Barrett's Guide to Surviving Life (2016), 9JKL (2017/18) e Unbelievable (2018). Filmografía
Notas
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Queens Categoría:Actores dos Estados Unidos de América