Noelia Pérez López, nada en Ourense en 1979, é unha política e funcionaria galega do PPdeG.
Traxectoria Graduada en Traballo Social pola Universidade de Vigo. É funcionaria no Concello de Ourense. Afiliada ao Partido Popular dende 1999, ocupou diversos cargos nas direccións provincial e local das Novas Xeracións en Ourense. Foi secretaria de Enrique Nóvoa López cando este ostentou a alcaldía durante uns meses en 2007. Nas eleccións municipais de 2007 concorreu como número 14 da candidatura do PPdeG encabezada por Nóvoa, se ben finalmente non resultou elixida e o partido perdeu o goberno da cidade. En marzo de 2010, trala renuncia de Eloína Núñez á súa acta, tomou posesión como concelleira"La funcionaria municipal Noelia Pérez sustituirá a Eloína Núñez como concejala del PP" La Voz de Galicia, 24/3/2010 . Trala defenestración de Nóvoa como candidato, non repiteu na candidatura nas municipais de 2011.
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi elixida deputada pola provincia de Ourense. Nas eleccións municipais de 2023 foi elixida concelleira en Ourense, sendo coordinadora do Grupo Municipal entre outubro de 2023 e xaneiro de 2025. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024 volveu ser elixida deputada por Ourense.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Parlamento de Galicia
Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1979 Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia