KH-6 (Keyhole-6) ou Lanyard, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA.
Historia Os KH-6 foron un intento temperán de obter grandes resolucións con satélites de recoñecemento. Das tres unidades lanzadas, todas en 1963 e mediante Thor SLV2A, só a última conseguiu devolver imaxes á Terra. A cámara dos KH-6, unha Samos E-5 de Kodak modificada, estaba programada para inclinarse cara a diante e atrás e poder tomar imaxes estereoscópicas. Tiña unha resolución de 1,8 m e a película fotográfica da cámara era devolta a terra nunha cápsula de retorno. Os satélites non levaban paneis solares e alimentábanse con baterías durante os entre 8 e 12 días que duraba cada misión.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasKH-6 118 de marzo de 1963Thor SLV2AFalloKH-6 218 de maio de 1963Thor SLV2AÉxitoKH-6 331 de xullo de 1963Thor SLV2AÉxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos KH-1 KH-2 KH-3 KH-4 KH-5 KH-7 KH-8 KH-9 KH-10 KH-11 Thor SLV2A Agena B Agena D
Categoría:Satélites artificiais