Bo "Ronny" Michael Persson, nado en Kramfors, condado de Västernorrland o 11 de agosto de 1966, é un esquiador alpino paralímpico e xogador de curling en cadeira de rodas sueco.

Carreira deportiva Como esquiador alpino (clase LW10: sentado, con paraplexía, sen ou con algunha función abdominal superior e sen equilibrio funcional sentado) participou nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 1998 celebrados en Nagano (no Xapón) onde gañou unha medalla de bronce en descenso, e nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2002 de Salt Lake City (nos Estados Unidos) onde gañou tres medallas de prata en slálom, slálom xigante e super-G, e unha medalla de bronce en descenso.

Antes dos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2006 de Turín (Italia) a idea era que Ronny terminaría a súa carreira alpina ao gañar un ouro paralímpico, o que fixo na maioría dos mundiais. Mais unha lesión que conduciu a unha infección grave e intoxicación sanguínea puxo fin a estes plans.

Despois dalgúns anos sen practicar deporte algún, comezou a súa carreira no curling en cadeira de rodas en 2013.

Como curler de cadeira de rodas, participou nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2018 de Pieonchang (Corea do Sur) onde o equipo sueco terminou no décimo lugar. Ademais nestes xogos foi portador da bandeira sueca na cerimonia de apertura.

En 2004 recibiu un nomeamento para o Premio Laureus para o deportista con discapacidade do ano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ronny Persson no Comité Paralímpico Internacional Ronny Persson na Federación Internacional de Curling

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Medallistas paralímpicos de prata por Suecia Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce por Suecia Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 1998 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2002 Categoría:Nados no condado de Västernorrland