Os Alpes do Sur son unha gran cordilleira da rexión oeste da Illa Sur, Nova Zelandia, que forman unha espiña en dirección norte-sur que divide a illa en dous lados. Nos Alpes do Sur localízase o monte Cook, punto máis alto do país.
A cordilleira recibiu o nome en 1770 polo capitán James Cook, mais xa chamara a atención de Abel Tasman en 1642.
Características Os Alpes do Sur posúen 450 km de lonxitude en dirección norte-sur. O punto máis alto, o monte Cook, posúe 3754 metros de altura, mentres outros 16 lugares superan os 3000 metros de altitude. A rexión tamén está constituída por grandes glaciares e lagos.
A localización dos Alpes permite que a rexión teña un clima extremamente agradable. A localidade de Omarama, no sopé das montañas, recibiu reputación internacional debido ao seu clima, provocado polo vento Föhn.
Fauna e flora Os animais máis habituais na rexión son as aves Xenicus gilviventris e o kea. Tamén existen algúns insectos adaptados ao clima frío e a Apteryx haastii.
A pesar das condicións climáticas, os Alpes son ricos en flora alpina. Preta do 25% das plantas neozelandesas habitan esta rexión. As plantas adaptadas a ese clima rigoroso son dos xéneros Hebe, Dracophyllum, Coprosma, Podocarpus nivalis e Carex.
Áreas protexidas esquerda|miniatura|274x274px|As montañas dos Alpes do Sur Os Alpes do Sur son practicamente inaccesíbeis e polo tanto conservan a súa vexetación orixinal. Con todo, os Alpes están protexidos por varios parques nacionais como:
Westland Tai Poutini National Park Mount Aspiring National Park Lake Sumner Forest Park
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Xeografía de Nova Zelandia Categoría:Cordilleiras de Oceanía