Helen Brooke Taussig, nada en Cambridge (Massachusetts) o 24 de maio de 1898 e finada en Kennett Square (Pensilvania) o 20 de maio de 1986, foi unha cardióloga estadounidense, que traballou en Baltimore e Boston e fundou o campo da cardioloxía pediátrica. É recoñecida co desenvolvemento do concepto do procedemento que prolongou a vida dos nenos nados con tetraloxía de Fallot (causa máis común da síndrome do bebé azul). Este concepto aplicouse como un procedemento coñecido como shunt de Blalock-Thomas-Taussig. O procedemento foi desenvolvido por Alfred Blalock e Vivien Thomas, colegas de Taussig no Hospital Johns Hopkins.

Taussig era parcialmente xorda debido a unha infección de ouvido na infancia; a principio da súa idade adulta progresou ata a xordeira completa. Para compensar a súa falta de ouvido, aprendeu técnicas de lectura de beizos e de axuda á audición para falar cos seus pacientes. Taussing tamén desenvolveu un método para empregar os seus dedos en lugar dun estetoscopio para sentir o ritmo dos latexos do corazón. Algunhas das súas innovacións atribúense á súa habilidade para diagnosticar problemas cardíacos co tacto en lugar de polo son.

Taussig tamén é coñecida polo seu traballo pola prohibición da talidomida e foi amplamente coñecida como médico. Foi a primeira muller directora da American Heart Association, e en 1964 recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade.

Na cultura popular No filme de HBO de 2004 Something the Lord Made sobre a vida de Vivien Thomas, a doutora Taussig foi interpretada por Mary Stuart Masterson.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados no condado de Middlesex, Massachusetts Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Cardiólogos Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Persoas xordas Categoría:Finados en accidente de tráfico