Mateus Evangelista Cardoso, nado en Porto Velho o 15 de febreiro de 1994, é un atleta paralímpico brasileiro con parálise cerebral. Compite en varias probas de atletismo da clasificación T37. Representou ao Brasil nos Xogos Paralímpicos de Verán 2016 celebrados en Río de Xaneiro e gañou a medalla de prata na proba masculina de salto de lonxitude T37. Tamén terminou en cuarto lugar na proba dos 100 metros T37.
Carreira deportiva Evangelista ten parálise cerebral conxénita, que no seu caso afecta o lado dereito do corpo. Comezou a practicar atletismo á idade de 13 anos. Tamén xogou fútbol 7 e participou neste deporte durante os Xogos Xuvenís Parapanamericanos de 2009.
Representou ao seu país nos Xogos Parapanamericanos 2015 celebrados en Toronto (no Canadá) e gañou a medalla de ouro na proba de salto de lonxitude e nas de 100 m e 200 m, ámbalas dúas da clase T37.
No Campionato do Mundo de Atletismo Paraolímpico 2017 de Londres gañou a medalla de ouro no evento T37 de 100 metros masculino, a medalla de prata no evento T37 de 200 metros masculino e tamén a medalla de prata no evento T37 de salto de lonxitude masculino. Dous anos despois, no Campionato do Mundo de 2019, gañou a medalla de prata no evento T37 de salto de lonxitude masculino e clasificouse para representar ao Brasil nos Xogos Paralímpicos de Verán 2020 en Tokyo, no Xapón.
Tamén participou nos Xogos Parapanamericanos 2019 en Lima (no Perú), onde gañou a medalla de ouro nos 100 metros e a de prata nos 200 metros e no salto de lonxitude.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Mateus Evangelista Cardoso no Comité Paralímpico Internacional
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2016 Categoría:Medallistas paralímpicos de prata polo Brasil Categoría:Nados no estado de Rondonia