Francisco Costa Fernández, coñecido como Kiko Costa, nado en Meira o 18 de maio de 1979, é un deportista, técnico audiovisual e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Técnico audiovisual de TVE e remeiro coa Sociedade Deportiva Samertolameu. Asentouse en San Adrián en 2005. Nas eleccións municipais de 2015 foi candidato nas listas do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vilaboa e foi elixido concelleiro. Foi concelleiro de medio ambiente e deportes. Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG. O 4 de agosto de 2020 anunciou a súa dimisión como alcalde por motivos persoais."El alcalde de Vilaboa, Francisco "Kiko" Costa, deja el cargo por motivos personales" (4/8/2020). Faro de Vigo .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilaboa

Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes de Vilaboa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes