Kagayaki, tamén coñecido como SORUNSAT 1, foi un satélite artificial da empresa xaponesa Sorun Corporation lanzado o 23 de xaneiro de 2009 mediante un foguete H-IIA desde o Centro de Lanzamento de Tanegashima.
Características Kagayaki era un pequeno satélite de 28 kg e un tamaño de 31 x 31 x 35 cm enviado a órbita durante un lanzamento múltiple cun foguete H-IIA. Desenvolvido pola empresa Sorun Corporation, o satélite foi construído por uns 40 estudantes no seu tempo libre e durante as fins de semana, con máis de 20 empresas de Arakawa (Tokyo) contribuíndo á súa elaboración. Entre as súas características estaban o sistema de control de a bordo autónomo e un mastro inflable despregable. Entre os obxectivos do satélite estaban a observación de lixo espacial e a observación de correntes eléctricas aurorais. Despois da súa posta en órbita non se recibiron sinais do satélite.
Notas
Véxase tamén Outros artigos H-IIA
Categoría:Satélites artificiais