Sarah Joanne Storey, nada como Bailey en Manchester o 26 de outubro de 1977, é unha ciclista e nadadora paralímpica británica. É a gañadora de múltiples medallas de ouro nos Xogos Paralímpicos en ámbolos dous deportes, ademais de ser campioa nacional británica (2 × Pursuit, 1 × Puntos, 3 × Equipo). As súas catorce medallas de ouro convértena na máis exitosa deportista feminina paralímpica británica de tódolos tempos.

O meirande logro de Storey é ser campioa do mundo vinte e nove veces (6 delas en natación e 23 en ciclismo), campioa de Europa vinte e unha veces (18 delas en natación e 3 en ciclismo) e por ter 75 récords do mundo.Dame Sarah Storey DBE profile Team Storey Sport.

Traxectoria Storey naceu como Sarah Bailey en Manchester coa man dereita non funcional logo de que o seu brazo se enredase co cordón umbilical mentres estaba no útero materno, polo que a súa man non chegou a desenvolverse con normalidade. En 2007, casou co piloto de tándem pilot e adestrador Barney Storey. Storey deu a luz á súa filla, Louisa Marie, o 30 de xuño de 2013. En abril de 2017, anunciouse que Storey estaba esperando o seu segundo fillo, que recibiu o nome de Charlie John.

Ela e o seu marido viven en Disley, Cheshire.

Notas

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Manchester Categoría:Medallistas paralímpicos de ouro polo Reino Unido Categoría:Medallistas paralímpicos de prata polo Reino Unido Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce polo Reino Unido Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2016 Categoría:Medallistas paralímpicos en ciclismo Categoría:Medallistas paralímpicos en natación