O palmitoíl-CoA (palmitoíl coencima A ou palmitoíl coenzima A) é un tioéster acilo graxo-CoA. É a forma activada do ácido palmítico, na que este está unido ao coencima A. En forma de palmitoíl-CoA o ácido palmítico pode ser transportado á matriz das mitocondrias polo sistema de lanzadeira da carnitina (que transporta moléculas de acilo graxo-CoA ás mitocondrias), e unha vez dentro participa na β-oxidation. Ademais, o palmitoíl-CoA utilízase como substrato na biosíntese da esfingosina (a cal non require a súa transferencia previa ás mitocondrias). Tamén é unha molécula intermediaria na síntese de moitos ácidos graxos.
Biosíntese
O palmitoíl-CoA fórmase a partir do ácido palmítico na seguinte reacción:
Palmitato + CoA-SH + ATP → Palmitoíl-CoA + AMP + Pirofosfato
Esta reacción adoita denominarse "activación" do ácido graxo. A activación é catalizada por unha palmitoíl-coencima A sintetase e a reacción prodúcese en dous pasos, e nela funciona como intermediario o palmitoíl-AMP. A reacción está impulsada pola hidrólise exergónica do pirofosfato..
A activación do ácido palmítico e outros ácidos graxos ocorre no citosol e a beta-oxidación ocorre nas mitocondrias. Porén, o acilo graxo de cadea longa-CoA non pode cruzar a membrana mitocondrial. Para que o palmitoíl-CoA poida entrar nas mitocondrias debe reaccionar coa carnitina para que o transporte:
Palmitoíl-CoA + Carnitina Palmitoíl-Carnitina + CoA-SH
Esta reacción de transesterificación está catlizada pola carnitina palmitoíl transferase. A palmitoíl-carnitina pode translocarse a través da membrana mitocondrial e unha vez na matriz, a reacción prodúcese á inversa e o CoA-SH é recombinado co palmitoíl, formando o palmitoíl-CoA. A carnitina libre pasa de novo ao lado citosólico da membrana mitocondrial.
Beta-oxidación dos ácidos graxos
Unha vez dentro da matriz mitocondrial, o palmitoíl-CoA pode sufrir a β-oxidación. A oxidación completa do ácido palmítico (en forma de palmitoíl-CoA) orixina 8 moléculas de acetil-CoA, 7 de NADH, 7 de , e 7 de FADH2. A reacción completa é esta:
Palmitoíl-CoA +7 CoA-SH + 7 NAD+ + 7 FAD -> 8 Acetil-CoA + 7 NADH + 7 H+ + 7 FADH2
Biosíntese de esfingolípidos O palmitoíl-CoA é tamén o substrato de partida, xunto coa serina, da biosíntese de esfingolipidos. O palmitoíl-CoA e a serina participan na reacción de condensación catalizada pola serina C-palmitoiltransferase (SPT), na cal se forma a 3-cetosfinganina. Estas reaccións ocorren no citosol.
1089x1089px|Síntese da esfingosina|alt=
Biosíntese de ácidos graxos O ácido palmítico é o precursor da síntese doutros ácidos graxos de cadea longa e faino en forma de palmitoíl-CoA. Pode orixinar ácido palmitoleico e ácido esteárico (este último orixina despois ácido oleico e outros ácidos graxos). Por exemplo, unha acilo graxo-CoA oxixenase cataliza esta reacción:Albert L. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. Barcelona. 1988. Páxinas 595. ISBN 84-282-07380-0. Palmitoíl-CoA + NADPH + H+ + → palmitoleíl-CoA + NADP+ + 2
Galería
Notas
Categoría:Tioésteres do coencima A Categoría:Organofosfatos Categoría:Ácidos graxos