A selección de fútbol de Hong Kong (en , Hēunggóng jūkkàuh doihbíu deuih; en ) é o equipo representativo da Rexión Administrativa Especial da República Popular da China de Hong Kong nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Hong Kong (香港足球總會, Hong Kong Football Association), pertencente á Confederación Asiática de Fútbol (AFC) e á FIFA. Alcumados The Strength (A Forza), aínda que nunca conseguiron participar na fase final dunha Copa do Mundo, conseguiron clasificarse para tres Copas Asiáticas, sendo o seu mellor posto o obtido en 1956 cando finalizaron en terceiro lugar de entre catro equipos.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Asociación de Fútbol de Hong Kong Perfil de Hong Kong na páxina web da FIFA
Categoría:Fútbol en Hong Kong