Trine Hansen, nada en Ringsted o 19 de febreiro de 1973, é unha remeira dinamarquesa. Participou principalmente na categoría de scull individual e gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1996 e o ouro no Campionato Mundial de 1994. Competiu no club Sorø Roklub, mais cambiouse en 1997 a Roforeningen Kvik.
Traxectoria Aos 18 anos de idade, en 1991 gañou o Campionato Mundial Xuvenil en scull individual. Entre 1992 e 1999, Trine Hansen foi campioa dinamarquesa en scull individual. Con 19 anos, participou nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, onde competiu na categoría de catro scull, na que obtivo o oitavo lugar.
Logo dedicouse á categoría de scull individual, e despois de gañar o bronce no Campionato Mundial de 1993, conseguiu o seu mellor resultado ao ano seguinte en Indianapolis, onde se converteu en campioa mundial. En 1996, foi escollida para competir nos Xogos Olímpicos celebrados en Atlanta, onde foi derrotada na final pola belarusa Yekaterina Karsten e a canadense Silken Laumann, polo que só obtivo un terceiro lugar. O último gran resultado internacional de Trine Hansen foi no Campionato Mundial de 1997, onde logrou un segundo lugar.
En 1999, decidiu suspender a súa carreira deportiva para concentrarse na súa educación e futuro civil, xa que ela era unha estudante na academia de policía.
Palmarés Xogos Olímpicos Ano Lugar Medalla Proba 1996 Atlanta () W1X Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Proba 1993 Račice () W1X 1994 Indianapolis () W1X 1997 Aiguebelette () W1X
Notas
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Dinamarca Categoría:Nados na rexión de Selandia