Benito Gabino Méndez Rodríguez, nado en Pontevedra, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Obtivo o título de mestre na Escola Normal de Pontevedra en 1928.Diario de Pontevedra, 6-7-1928, p. 2. Foi mestre de Viascón dende 1934, e dende 1936 de Aciveiro. Nos anos da República estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.El Pueblo Gallego, 16-10-1935, p. 12. En marzo de 1931 foi elixido secretario da directiva da Juventud Republicana de Pontevedra.El Progreso, 13-3-1931, p. 3. En outubro de 1932 foi elixido secretario da agrupación do Partido Republicano Radical Socialista de Pontevedra presidida por Celestino Poza Cobas.El Progreso, 26-10-1932, p. 2. Nas eleccións de novembro de 1933 integrou a candidatura do Partido Radical Socialista con Celestino Poza Cobas e José Adrio Barreiro.El Pueblo Gallego, 16-11-1933, p. 10. Despois pasou a militar en Unión Republicana.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi suspendido de emprego e soldo a finais de agosto.El Pueblo Gallego, 1-9-1936, p. 10. Agochado durante un ano tras unha porta ben camuflada no faiado do edificio de Pontevedra onde as súas irmáns Maruja, Mercedes e Canducha tiñan a escola e a vivenda familiar, no verán de 1937 puido marchar cara ao exilio venezolano por Portugal. Foi declarado en rebeldía. Foi separado definitivamente do ensino en outubro de 1937.Diario de Pontevedra, 7-10-1937, p. 2. Foi obxecto dun expediente de responsabilidades políticas do que foi indultado en 1941. Volveu a Pontevedra coa familia o 4 de febreiro de 1954. Foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar, sendo condenado a 20 anos de prisión o 12 de xullo dese ano, conmutada ese mesmo día a seis anos e un día para posteriormente obter o indulto. A súa muller Ofelia traballou como profesora de francés na escola de Maxisterio.
Ao regreso do exilio adquiriu o pazo propiedade de Celestino Poza Cobas e posteriormente vendeullo ao Concello, inmóbel que acolle na actualidade o colexio Xoán XXIII. Vida persoal
Era irmán de Isolina Méndez Rodríguez, que casou con Celestino Poza Pastrana. Casou en Venezuela coa canaria María Ofelia Sangil Hernández, finada en 2020, e foi pai de Benito, María de las Mercedes, Fernando e María Ofelia Méndez Sangil.Diario de Pontevedra, 9-7-2020, p. 52. Notas
Véxase tamén Bibliografía Isolina Méndez Rodríguez
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Exilio galego Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes