Esther Cornelia Brand, nada como van Heerden o 29 de setembro de 1922 e finada o 20 de xuño de 2015, foi unha atleta surafricana. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1952 e gañou a medalla de ouro en salto de altura, clasificándose no posto 20 en lanzamento de disco. Brand estaba clasificada no primeiro posto mundial en salto de altura en 1940–41 e 1952, no terceiro posto en 1951 e no quinto en 1939. En 1941, igualou o récord do mundo de 1,66 m.Ester Brand. sports-reference.com

Traxectoria Nada en Springbok, no Cabo Setentrional, asistiu ó instituto Maitland de Cidade do Cabo, Suráfrica. Morreu por mor dunha caída en 2015.Olimpiese atleet Esther Brand (92) ‘blaas stil laaste asem uit’. netwerk24.com (21 de xuño de 2015)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas In memoriam

Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Suráfrica Categoría:Surafricanos de ascendencia neerlandesa Categoría:Nados na provincia do Cabo Setentrional