A selección de fútbol de Vietnam do Sur (en ) foi o equipo representativo de Vietnam do Sur nas competicións oficiais deste deporte entre 1949 e 1975. O equipo competiu nas dúas primeiras edicións da Copa Asiática (1956 e 1960), finalizando en cuarto lugar de catro participantes en ambas as ocasións. O equipo deixou de existir cando as rexións de Vietnam do Norte e do sur se fusionaron para formar a República Socialista de Vietnam. Entre 1976 e 1990 a nova non disputou ningún xogo, participando no seu primeiro torneo en 1991. Axencias estatísticas de fútbol consideran os encontros disputados por esta selección parte dos rexistros históricos da selección actual, xa que consideran que a unha entidade diferenciada (non estando, ademais, esta última afiliada á FIFA).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Selección de fútbol de Vietnam Selección de fútbol de Vietnam do Norte
Ligazóns externas Lisa de xogos disputados por Vietnam do Sur en RSSSF
Categoría:Fútbol en Vietnam