Acorus calamus, o ácoro, é unha das dúas especies do xénero Acorus da familia das acoráceas; é coñecido vulgarmente como "cálamo aromático”. Orixinario da India,Colmeiro, Miguel: «Diccionario de los diversos nombres vulgares de muchas plantas usuales ó notables del antiguo y nuevo mundo», Madrid, 1871. atópase amplamente distribuído pola zona temperada do hemisferio norte, e incluso se está a aclimatar en zonas pantanosas de América do sur. Tamén é coñecido como cálamo aromático. miniatura|Vista da planta no seu hábitat

Descrición Aseméllase aos xuncos e posúe follas longas lineares de bordos afiados, moi apuntadas, duns 25 mm de anchura. As flores, pequenas e de cor verde amarelada, preséntanse en forma de espiral sobre un espádice espido, envolto cunha espata que sobresae por encima. O talo prolóngase baixo terra en forma de rizomas de longas raíces adventicias, carnosas e fortemente aromáticas.

É unha planta alta, perennifolia con follas aromáticas e raíces rizomatosas. As follas, de arredor dun centímetro de largo, alcanzan os 10 de longo, e son lanceoladas e de bordos serrados ou ondulados. A vea central da folla, prominente e facilmente distinguible das apenas relevantes veas secundarias, permite distinguila facilmente de A. americanus. As flores alcanzan os 4 mm, e son estériles, reproducíndose rizomaticamente; o ovario é vestixial.

Distribución e hábitat Crece nas rexións boreais de todo o globo, aínda que é nativa de Europa. Prefire as terras húmidas e as costas de augas lentas ou estancadas. O seu talo semileñoso utilizouse na Antigüidade clásica para fabricar cálamos para a escritura.

Usos Co Acorus calamus tense comerciado en moitas culturas durante séculos. Empregouse medicamente contra unha ampla variedade de doenzas, como enfermidades gastrointestinais e tratamento da dor e tamén o aroma do seu aceite esencial valorouse na industria do perfume. A esencia do rizoma emprégase como saborizante para alimentos, bebidas alcólicas e amargas en Europa e a raíz do cálamo, confeitada, úsase en Europa en repostaría. Dela tamén se extrae unha droga estimulante e carminativa, chamada cálamo. miniatura|Vista da planta miniatura|Ilustración miniatura|Detalle

Usos na herboristaría O seu uso ten unha longa tradición de uso medicinal na China, Nepal e na herboristaría na India. As follas, talos e raíces empréganse en varias medicinas Siddha e na medicina tradicional da IndiaRamya Venkatesan, Prakash Shyam Karuppiah, Gnanamani Arumugam, and Kadalmani Balamuthu. β-Asarone Exhibits Antifungal Activity by Inhibiting Ergosterol Biosynthesis in Aspergillus niger ATCC 16888. Proc. Natl. Acad. Sci., India, Sect. B Biol. Sci. 89, 173–184 (2019). https://doi.org/10.1007/s40011-017-0930-4 Consultado o 1 de febreiro de 2021 e tamén en Sikkim.O'Neill, Alexander; et al. (29 de marzo de 2017). "Integrating ethnobiological knowledge into biodiversity conservation in the Eastern Himalayas". Journal of Ethnobiology and Ethnomedicine. 13 (21): 21. doi:10.1186/s13002-017-0148-9 . PMC 5372287. PMID 28356115. Consultado o 1 de febreiro de 2021. Tamén é unha das menciñas tradicionais máis usadas entre a tribo norteamericana dos Chipewas.

A maceración da raíz do cálamo aromático emprégase como tonificante nos casos de debilidade xeral do aparello dixestivo, gases do estómago e dos intestinos, e tamén como un remedio para combater as enfermidades das glándulas así como a gota. Esta tisana contribúe quentando o estómago e os intestinos lentos e fomenta a secreción de mucosa. Recoméndase contra o metabolismo lento, as dixestións lentas, o mesmo que contra a clorose e a hidropisía.Treben, Maria, (aut.). Salud de la Botica del Señor. Ennsthaler. 5ª ed.(1999). 108 páginas

Propiedades Utilizouse pola súa fragrancia e como droga psicotrópica. A súa raíz empregábase como anestésico e estimulante contra a fatiga pola asarona que contén; en doses maiores, produce efectos alucinóxenos. Walt Whitman empregou esta ou, tamén, a raíz do estreitamente emparentado Acorus americanus. Figuraba nas pocións psicotrópicas preparadas polas meigas europeas durante a Idade Media.

Principios activos Contén escasos taninos, aceite esencial (1,5-3,5%), rico en asarona e compostos sesquiterpénicos, entre os que destaca a acalamona. Nas follas hai trazas de alcaloides. Outras fontes: Acorina, tanino, colina, esencia con asarona, eugenol, pineno. Ácido cetílico e ácido palmítico, vitamina B1. A esencia faise viscosa chegando a densidade do 0,36%; o rendemento está entre 1 e 4%.

Indicacións Utilízase como aperitivo, eupéptico, polos seus principios amargos; carminativo, diurético, sedante, sudorífico, hipotensor, espasmolítico, anticonvulsivante, antirreumático tópico, polo aceite esencial. Indicado para inapetencia, dispepsias hiposecretoras, gastrites, espasmos gastroduodenais, meteorismo. Ansiedade. Estados nos que se requira un aumento da diurese: afeccións xenitourinarias (cistite, ureterite, uretrite, oliguria, urolitiase), hiperazotemia, hiperuricemia, gota, hipertensión arterial, edemas, sobrepeso acompañado de retención de líquidos. A mastigación da raíz combate a halitose e reafirma as enxivas sanguentas.

O aceite esencial non debe ser empregado durante o embarazo, a lactación, nin en nenos menores de dous anos, é tóxico sobre o sistema nervioso central. Tamén se considera carcinoxénico. Recoméndanse tratamentos descontinuos.

Taxonomía Acorus calamus foi descrita por Carlos Linneo e publicado en Species Plantarum 1: 324. 1753.

Etimoloxía

Acorus: nome xenérico latino que deriva do grego antigo άχόρου (áchórou) de Dioscórides (con diferentes versións do texto que teñen diferentes grafías). A palabra άχόρου en si crese que derivou da palabra κόρη (kori), que significa pupila (do ollo), debido a que o líquido da raíz da planta se empregaba como remedio en enfermidades oculares.

calamus: epíteto latino (que significa "cana") que deriva do grego ΚΆΛΑΜΟΣ (kálamos, que significa "cana"), que é afín ao termo do latín culmus (que significa "axexar") e que se derivan do proto-indoeuropeo kole-mó- (crese que significa "herba" ou "cana"). A palabra árabe قلم (qalam, que significa "pluma") e o sánscrito कलम (kalama, que significa "cana utilizada como unha pluma", e unha especie de arroz) crese que foron tomadas do grego.

Variedades Acorus calamus var. americanus Raf. (1828). Acorus calamus var. angustatus Besser (1834). Acorus calamus var. calamus.

Sinonimia var. angustatus Acorus angustatus Raf. Acorus calamus var. angusta Bess. Acorus triqueter Turcz. ex Schott

var. calamus Acorus angustifolius Schott Acorus aromaticus Gilib. Acorus asiaticus Nakai Acorus calamus var. vulgaris L. Acorus calamus-aromaticus Clairv. Acorus casia Bertol. Acorus cochinchinensis (Lour.) Schott Acorus commersonii Schott Acorus commutatus Schott Acorus elatus Salisbury Acorus europaeus Dumort. Acorus flexuosus Raf. Acorus floridanus Raf. Acorus griffithii Schott Acorus nilaghirensis Schott Acorus odoratus Lam. nom. illeg. Acorus spurius Schott Acorus terrestris Spreng. Acorus undulatus Stokes Acorus vulgaris (L.) Simonk. Calamus aromaticus Gueldenst. Orontium cochinchinense Lour.

var. vernus Acorus verus (L.) Garsault Acorus verus (L.) Houtt. nom. illeg. Acorus verus (L.) Raf.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Planta medicinal Ligazóns externas Family Araceae in L. Watson and M.J. Dallwitz (1992 onwards). The families of flowering plants: descriptions, illustrations, identification, information retrieval. http://delta-intkey.com FDA street drug alternative warning letter Acorus calamus at Plants for a Future

Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Aceites esenciais Categoría:Plantas medicinais