A selección de fútbol de Botswana () é o equipo representativo de Botswana nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Botswana (Botswana Football Association), pertencente á Confederación Africana de Fútbol (CAF) e á FIFA. Alcumados Dipitse (do ), aínda que nunca conseguiron participar na fase final dunha Copa do Mundo, conseguiron clasificarse para a edición de 2012 da Copa de África de Nacións, onde caeron na fase de grupos.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Asociación de Fútbol de Botswana Perfil de Botswana na páxina web da FIFA
Categoría:Fútbol en Botswana