Clara Ponsatí i Obiols, nada en Barcelona o 19 de marzo de 1957, é unha economista e política catalá.

Traxectoria Seu pai era Josep Maria Ponsatí e súa nai Montserrat Obiols, filla do pintor novecentista Josep Obiols e irmá do político Raimon Obiols.

Actividade académica Clara licenciouse en economía na Universidade de Barcelona en 1980 e realizou o mestrado na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) (1982) e doutorouse en 1988 na Universidade de Minnesota coa tese Incomplete Information Two Person Bargaining with a Finite Set of Posible Agreements. Unha especialista na teoría de xogos e economía pública, con interese na negociaión e a resolución de conflitos. Nos Estados Unidos de clases na Universidade de Minnesota no curso 1986/87 e en 1989 volveu a Barcelona como profesora na UAB con interrupcións para exercer como profesora visitante nas Universidades de California en San Diego (1993/94) e Toronto (2000/01). En 2001 incorpourose como investigadora ao Institut d’Anàlisi Econòmica (IAE) do CSIC e foi a súa directora entre 2006 e 2012. No curso 2012/13 foi profesora visitante da cátedra Príncipe de Asturias da Universidade de Georgetown. En 2013 o ministro de educación e cultura do goberno español, José Manuel García-Margallo, recoñeceu en sede parlamentaria que a súa non renovación fora unha decisión política pola postura favorable de Ponsatí ao dereito de decidir en Cataluña. De volta a Cataluña exerceu como profesora-investigadora de novo no IAE ata xaneiro de 2016 cando a Universidade de St Andrews en Escocia nomeouna profesora e directora da súa escola de economía. Publicou diversos artigos académicos en revistas internacionais de teoría e investigación económica tales como o Journal of Public Economic Theory, Games and Economic Behavior, Social Choice and Welfare, Journal of Economic Theory, International Journal of Industrial Organization, Economica ou Economics Letters.

Actividade política miniatura|Clara Ponsatí durante o acto no que tomaba posesión do cargo de conselleira de ensinamento da Generalitat de Cataluña Durante a súa mocidade formou parte da Joventut Comunista de Catalunya e en 1979 entrou a militar no Partit Socialista Unificat de Catalunya pero logo mantívose fóra de toda actividade política pública ata a segunda década do século XXI cando apoiou publicamente o dereito de decidir. En 2014 apareceu no documental sobre o independentismo L'endemà de Isona Passola. Nas eleccións catalás de 2015 foi como suplente pola circunscrición de Barcelona na lista de Junts pel Sí. En maio de 2016 entrou a formar parte do secretariado nacional da Assemblea Nacional Catalana, aliñada co sector crítico da organización permaneceu no posto ata o 17 de xullo de 2017 ao asumir a consellería de ensinanza da Generalitat de Cataluña logo da cesación de Meritxell Ruiz e outros dous conselleiros reticentes a asumiren as consecuencias dun referendo de independencia. Ponsatí colocouse á fronte dun departamento que tiña un papel importante no preparativo do referendo ao localizarense os colexios electores en establecementos de ensino. Tras a celebración do referendo o 1 de outubro e como consecuencia da aplicación do artigo 155 da Constitución española o goberno español interveu o 27 de outubro a autonomía catalá e procedeu, entre outras medidas, á cesación dos conselleiros da Generalitat. Ponsatí canda o presidente Carles Puigdemont e outros tres conselleiros do goberno, Lluís Puig, Antoni Comín e Meritxell Serret marcharon a un exilio autoimposto en Bruxelas o 30 de outubro.

Nas eleccións catalás de 2017 saíu deputada na lista Junts per Catalunya porén renunciou á acta de deputada o 28 de xaneiro de 2018. O 10 de marzo anunciou que se ía establecer en Escocia para volver á actividade académica e, xa que logo, oficializaba a súa retirada da política institucional. miniatura|Clara Ponsatí, xunto a Puigdemont, nun acto do Consello da República en 2018 co presidente da Generalitat Quim Torra O 24 de marz de 2018 o maxistrado do Tribunal Supremo español Pablo Llarena emitiu unha orde de detención europea contra Ponsatí. Mais o 28 a xustiza escocesa deixouna en liberdade aínda que lle retirou o pasaporte e o 19 de xullo o xuíz Llarena retirou a euroorde contra ela e outros políticos cataláns ao saber que a xustiza de Schleswig-Holstein rexeitaba a entrega a España de Puigdemont polo delito de rebelión.

O 5 de novembro de 2019 Llarena emitiu outra euroorde contra Ponsatí que se devolveu a España para clarificación. Finalmente, o 14 de novembro de 2019 declarou diante a xustiza escocesa que a deixou en liberdade sen lle retirar o pasaporte e fixou a vista para o 12 de decenbro de 2019 pero Ponsatí, que fora nas listas de Lliures per Europa nas eleccións europeas do 26 de maio de 2019 sen resultar elixida, converteuse en europarlamentaria tras o Brexit, ao aumentar en cinco os europarlamentarios españois o que supuxo a suspensión do procedemento de extradición ao considerar a xustiza escocesa que o posto lle concedía inmunidade.

Notas

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Conselleiros da Generalitat de Cataluña Categoría:Deputados do Parlamento de Cataluña Categoría:Europarlamentarios de Cataluña Categoría:Membros da Assemblea Nacional Catalana Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Minnesota Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona