Jason, tamén coñecido coa denominación Argo-E5, foi un foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 e formado por cinco etapas.
Jason foi desenvolvido pola Forza Aérea dos Estados Unidos para ser lanzado durante as probas nucleares da operación Argus e estudar os efectos da radiación a alturas de entre 700 e 800 km. Cada Jason estaba formado por unha primeira etapa Honest John, dous foguetes Nike como segunda e terceira etapas, un Recruit como cuarte etapa e un T-55 como quinta. Tiñan unha masa de 3330 kg, unha lonxitude de 17,5 m, un diámetro de 58 cm e eran capaces de chegar aos 800 km de altura. Todos os Jason, 22 en total, foron lanzados durante 1958. Foi sucedido polo foguete Javelin.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Javelin (foguete) Operación Argus Nike (foguete) Honest John T-55 Recruit
Categoría:Foguetes sonda