Javelin, tamén coñecido coa denominación Argo-D4, foi un foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 e formado por catro etapas.
Javelin foi desenvolvido pola Forza Aérea dos Estados Unidos para subistituir ao foguete Jason. Foi usado para multitude de experimentos a grande altitude, tendo un apoxeo de 1100 km. A primeira etapa consistía nun Honest John, coa segunda e terceiras formadas por dous foguetes Nike e un Altair X-248 como cuarte etapa. Tiña unha masa de 3385 kg, unha lonxitude de 14,80 m e un diámetro de 58 cm. Os Javelin, 85 en total, foron lanzados entre 1959 e 1976..
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Jason (foguete) Nike (foguete) Honest John Altair X-248
Categoría:Foguetes sonda