A central térmica de Sabón é unha central térmica xa pechada, situada no polígono industrial de Sabón, no municipio de Arteixo. Estaba integrada por dúas unidades, a antiga de fueloil de 480 MW e a outra de ciclo combinado cunha potencia de 400 MW que empezou a funcionar no ano 2008. Foi creada por Fenosa, e despois pasou a ser propiedade da empresa Naturgy.
Está situada a unha altitude de 30 msnm, limitada ao norte por Punta Cancela e a poboación de Rañobre, ao leste polo encoro de Rosadoiro, ao sur polo polígono industrial de Sabón e ao oeste pola praia da Alba.
A central de fuel constaba de dous grupos, o grupo I de 120 MW e o II de 350 MW, que iniciaron as súas operacións o 20 de abril de 1972 e o 1 de abril de 1975, respectivamente. Ambos foron dados de baixa en decembro de 2011 e posteriormente desmantelados.La Voz de Galicia «La chimenea de Sabón desaparecerá a finales de mes.» Consultado o 30 de xuño de 2020
Historia A central térmica de Sabón iniciou a súa actividade en 1972 con dous grupos de produción de enerxía eléctrica que utilizaban o fuelóleo como combustible principal. Naturgy (antigamente chamada Gas Natural Fenosa) solicitou en 2010 o peche dos dous grupos de fuelóleo da central térmica que, con 40 anos de antigüidade, esgotaran a súa vida útil. En 2008 empezou a funcionar o grupo de ciclo combinado, que opera con gas natural, cunha potencia de 400 MW.
A primeira pedra da central de ciclo combinado de gas de Sabón, construída por Unión Fenosa, foi colocada en xuño de 2006. O investimento estimado para a construción, desenvolvemento e posta en marcha alcanzaba os 221,3 millóns de euros e estimábase a súa posta en marcha en novembro de 2007. A localización foi elixida pola súa proximidade á planta de regasificación de Mugardos, a súa fácil conexión á rede de gasodutos e á rede eléctrica, e pola súa proximidade a Punta Lagosteira.
O proxecto afirmaba reducir o consumo de auga nun 35 por cento respecto das necesidades dunha central térmica convencional. Aínda así, a central consome un caudal de 263.306 m3/ano procedente da rede de abastecemento municipal, ascendendo o caudal vertido de augas industriais a 101.258 m3/ano.
Sabón consome 181522 toneladas ao ano de gas natural e cantidades menores de fuelóleo (3575 t/ano) e gasóleo (68 t/ano). Pola súa banda, o consumo de enerxía eléctrica ascende a 6.999 MW/h ao ano.
Os principais contaminantes atmosféricos son: Dióxido de carbono (511000 t/ano (2009)) Óxido nitroso (39.5 t/ano (2008)) amoníaco (27400 t/ano (2009)) Óxidos de nitróxeno (219 t/ano (2009)) Óxidos de xofre (1500 t/ano (2008)) Arsénico e compostos (34,4 kg/ano (2008)) Cadmio e compostos (68.8 kg/ano (2008)) Cromo e compostos (236 kg/ano (2008)) Mercurio e compostos (40.6 kg/ano (2009)) e Níquel e os seus compostos (125 kg/ano (2009)). A súa cheminea de 200 metros de altura era, despois da cheminea de 356 metros da central térmica das Pontes, a segunda construción máis alta de Galicia. Foi demolida en 2019.
Xa aprobados os permisos para montar sobre o que era a térmica un segundo ciclo combinado, en maio de 2009 o grupo Gas Natural-Unión Fenosa propúxose a venda da central.
Con todo a operación non se concretou e a compañía descartou a conversión da vella central. En outubro de 2010 o goberno autorizou a Gas Natural-Unión Fenosa a pechar os grupos I e II da central térmica de Sabón, concedendo un termo de dous anos para o seu desmantelamento.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Centrais térmicas en España
Central térmica das Pontes Central térmica de Meirama
Categoría:Arteixo Categoría:Economía de Galicia Categoría:Enerxía Categoría:Centrais térmicas