Gauḍapāda (en sánscrito: गौडपाद), que floreceu no século VI, tamén referido como Gauḍapādācārya ("Gauḍapāda o Mestre"), foi un filósofo medieval hindú e estudoso da escola Advaita Vedanta da filosofía hindú.TRV Murti (1955), The central philosophy of Buddhism, Routledge (2008 Reprint), , páxina 114 Aínda que os detalles da súa biografía son incertos, as súas ideas inspiraron a outros como Adi Shankara que o chamou Paramaguru (o máis alto mestre).
Gaudapada foi o autor ou compilador do Māṇḍukya Kārikā, tamén coñecido como Gaudapada Karika. O texto consiste en catro capítulos, (tamén se di catro libros), e aínda que que no capítulo catro a terminoloxía é budista, doutrinalmente a obra de Gaudapada é vedanta, non budista.TRV Murti (1955), The central philosophy of Buddhism, Routledge (2008 Reprint), , páxina 116 Os primeiros tres capítulos do texto de Gaudapada influíron na tradición Advaita Vedanta. Partes do primeiro capítulo que inclúe o Mandukya Upanishad foron considerados unha fonte válida polas escolas Dvaita e Vishistadvaita da Vedanta.Gaudapada , Devanathan Jagannathan, University of Toronto, IEP
Traxectoria Posiblemente era orixinario de Caxemira ou de Bengala.Shri Goudapadacharya & Shri Kavale Math (a commemoration volume), páx. 38.
Aínda que non hai moito escrito sobre a súa vida, segundo unha lenda, Gaudapada era fillo de Vishnudatta e Gunavati, unha devota familia saraswat brahmanaKadtala M. Shrinivasa Hariappa Nayak: Rajapura saraswata brahmanara sanskrita itihasa (en kannará). Parkala. en Bhupalam, preto de Vitta, e o seu nome foi Shukadatta.Shri Gaudapadacharya Math Guru Parampara (sucesión de mestres no templo do mestre Sri Gaudapada).Shri Goudapadacharya & Shri Kavale Math (a commemoration volume), páx. 78. Renunciou á súa vida (é dicir, aceptou a orde de saniasa) cando era moi novo e foi ao bosque nun outeiro próximo na procura da sabedoría espiritual. Máis tarde dixo que foi instruído directamente por Deus a través de nabhovani (unha voz interior) e despois viaxou ata Badarika Ashrama no Himalaia onde recibiu a sabedoría do Vedanta-sutra coas beizóns do seu escritor, o mítico Vyasa (primeiro milenio a. C.).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas The Mandukya Upanishad/Karika, Shankara’s Commentary and Anandagiri’s Tika Translated by Swami Nikhilananda, online libro electrónico Gaudapada Karika , Translation and commentary by Charles Johnston, Theosophical Quarterly advaita-vedanta.org, Gaudapada Mandukya Upanishad with Gaudapada's Karika P.J. Mazumdar, Gaudapada's Karika on the Mandukya Upanishad
Categoría:Personalidades da filosofía Categoría:Gurús hinduístas Categoría:Nados no século VI