Mary Leta Dorothy Lamour (Slaton), nada en Nova Orleáns o 10 de decembro 1914 e finada nos Ánxeles o 22 de setembro 1996, foi unha actriz de cinema e cantante estadounidense coñecida como Dorothy Lamour. É lembrada sobre todo por traballar na serie de comedias de éxito “Road to...” con Bing Crosby e Bob Hope.

Traxectoria Primeiros anos Lamour naceu en Nova Orleáns, Luisiana, filla de Carmen Louise LaPorte (1892–1930) e John Watson Slaton (1895–1963), ambos camareiros. O matrimonio dos seus pais durou só uns anos, e a súa nai volveu casar con Clarence Lambour, de quen Dorothy tomou e adaptou o seu apelido como nome artístico. Este matrimonio tamén acabou en divorcio cando Dorothy era unha adolescente. A economía familiar era tan desesperada que cando tiña quince anos, falsificou a firma da súa nai nun documento que a autorizaba a abandonar o colexio. Máis tarde, asistiu a unha escola de secretariado para a que non necesitaba o diploma da escola secundaria. Era unha excelente mecanógrafa e normalmente escribía as súas propias cartas, mesmo despois de facerse famosa.

Despois de gañar en 1931 o concurso de beleza Miss Nova Orleáns, a súa nai e ela mudáronse a Chicago, onde Dorothy gañaba 17 dólares á semana como ascensorista nos almacéns Marshall Field na rúa State. Non tiña formación como cantante pero un amigo convenceuna para que se presentase para un anuncio con Herbie Kay, un director de orquestra que tiña un programa nacional de radio chamado The Yeast Foamers.

Deixou a orquestra de Kay e mudouse a Manhattan, onde o coñecido cantante Rudy Vallee a axudou a conseguir un traballo de cantante nun coñecido night club, O Morocco. Traballou tamén en 1 Fifth Avenue, un cabaré onde coñeceu a Louis B. Mayer, magnate dos estudos MGM. Foi Mayer quen organizou unha proba de cámara para Dorothy, que a levou a ser contratada pola Paramount en 1935. Ese mesmo ano, conseguiu o seu propio programa musical de 15 minutos en NBC Radio. Tamén cantou no coñecido programa de radio de Rudy Vallee. Cando estaba no apoxeo da súa popularidade, as súas fans suxeriron que o seu apelido foi creado por un axente a partir da palabra francesa "amour". Foi Dorothy quen o adaptou de Lambour, que era o apelido do seu pai adoptivo, Clarence.

Coñeceu a J. Edgar Hoover, director do FBI. Segundo o biógrafo de Hoover Richard Hack, Hoover estaba interesado en Dorothy, pero ela só quería unha amizade. Hoover e Lamour foron grandes amigos ata a morte de Hoover. Lamour nunca negou os rumores dunha aventura amorosa entre eles.

Carreira En 1936, trasladouse a Hollywood e traballou regularmente en filmes de Paramount Pictures. O papel que fixo dela unha estrela foi Ulah (unha especie de Tarzán feminina) en The Jungle Princess (1936). Mentres se lle adxudicaba fama como símbolo sexual, Lamour tamén demostrou talento como actriz cómica e dramática e estivo entre as actrices máis populares do cine entre 1936 e 1952.

Traballou na serie de películas "Road to..." con Bing Crosby e Bob Hope nos anos 40 e 50. Os filmes foron grandes éxitos durante a década de 1940, e cada ano situábanse entre as máis comerciais. Aínda que os filmes se centraba máis en Hope e Crosby, ela cantaba algunhas das súas cancións máis coñecidas e a súa contribución aos filmes foi considerada, tanto polo público como polos donos dos teatros, de tanta importancia como a de Crosby e Hope. A serie finalizou con Camiño de Bali (1952) cando a súa carreira comezou o seu declive mentres que Crosby e Hope continuaron a ser importantes figuras do negocio.

Durante os anos da segunda guerra mundial, foi unha das pin-ups máis populares entre os soldados, con Betty Grable, Rita Hayworth, Lana Turner e Veronica Lake. Lamour foi en gran medida responsable de pór en marcha as xiras de bonos de guerra, nas que algunhas estrelas de cine viaxaban por todo o país vendendo bonos do goberno ao público. Só Lamour promoveu a venda duns 21 millóns de dólares en bonos de guerra.

Nos primeiros anos 50 a súa carreira foise apagando, e comezou unha nova carreira como animadora de clubs nocturnos e ocasionalmente actriz de teatro. Nos anos 60 volveu á pantalla, con papeis secundarios en tres filmes e ao teatro, coa xira de Hello Dolly! que durou un ano preto do final da década.

Últimos anos O bo humor de Lamour e a súa falta de pretensións permitíronlle ter unha carreira moi longa no mundo do espectáculo. Foi unha atracción no circuíto de dinner theatre dos 70. Nos 60 e 70, viviu co seu marido Leamos Ross Howard III (co que casara en 1943), en Baltimore, Maryland. El morreu en 1978. Lamour publicou a súa autobiografía My Side of the Road en 1980, volveu actuar en clubs nocturnos, e actuou en obras e series de televisión tales como Hart to Hart, Crazy Like a Fox e Escribiuse un crime.

Durante os anos 1990, só traballou en contadas ocasións mais fixéronlle varias entrevistas en revistas e programas televisivos. En 1995, o musical Swinging on a Star, unha revisión de cancións escritas por Johnny Burke estreouse en Broadway e mantívose tres meses en cartel. Lamour aparecía nos créditos como “asesora especial”. Burke fora o autor de moitas das máis famosas cancións da serie de películas "Road to...". O musical foi candidato aos premios Tony como mellor musical e a actriz no papel de Dorothy Lamour, Kathy Fitzgerald, tamén foi nomeada.

Lamour morreu na súa casa en North Hollywood, California aos 81 anos. Foi enterrada no cemiterio Forest Lawn, Hollywood Hills nos Ánxeles, California.

Filmografía + Ano Título Personaxe Notas 1936 College Holiday Bailarina Sen acreditar 1936 The Jungle Princess Ulah 1937 Swing High, Swing Low Anita Álvarez 1937 The Last Train from Madrid Carmelita Castillo 1937 High, Wide, and Handsome Molly Fuller 1937 The Hurricane Marama 1937 Thrill of a Lifetime Specialty 1938 The Big Broadcast of 1938 Dorothy Wyndham 1938 Her Jungle Love Tura 1938 Tropic Holiday Manuela 1938 Spawn of the North Nicky Duval 1939 St. Louis Blues Norma Malone 1939 Man About Town Diana Wilson 1939 Disputed Passage Audrey Hilton 1940 Road to Singapore Mima 1940 Johnny Apollo Lucky Dubarry 1940 Typhoon Dea 1940 Moon Over Burma Arla Dean 1940 Chad Hanna Albany Yates / Lady Lillian 1941 Road to Zanzibar Donna Latour 1941 Caught in the Draft Antoinette "Tony" Fairbanks 1941 Aloma of the South Seas Aloma 1942 The Fleet's In The Countess 1942 Star Spangled Rhythm Ela mesma 1942 Beyond the Blue Horizon Tama 1942 Road to Morocco Princess Shalmar 1943 They Got Me Covered Christina Hill 1943 Dixie Millie Cook 1943 Riding High Ann Castle 1944 And the Angels Sing Nancy Angel 1944 Rainbow Island Lona 1945 A Medal for Benny Lolita Sierra 1945 Duffy's Tavern Ela mesma 1945 Road to Utopia Sal Van Hoyden 1945 Masquerade in Mexico Angel O'Reilly 1947 My Favorite Brunette Carlotta Montay Título alternativo: The Private Eye 1947 Variety Girl Herself 1947 Wild Harvest Fay Rankin 1947 Road to Rio Lucia Maria de Andrade 1948 On Our Merry Way Gloria Manners Título alternativo: A Miracle Can Happen 1948 Lulu Belle Lulu Belle 1949 The Girl from Manhattan Carol Maynard 1949 The Lucky Stiff Anna Marie St. Claire 1949 Slightly French Mary O'Leary 1949 Manhandled Merl Kramer 1951 Here Comes the Groom Ela mesma Sen acreditar 1952 O maior espectáculo do mundo Phyllis 1952 Camiño de Bali Princess Lala 1962 The Road to Hong Kong Ela mesma 1963 A taberna do irlandés Miss Laflour 1964 Pajama Party Head Saleslady 1970 The Phynx Ela mesma 1976 Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood Visiting Film Star 1987 Creepshow 2 Martha Spruce Episodio "Old Chief Wood'nhead"

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Paseo da Fama de Hollywood