Adolfo Campos Vázquez, nado en Lalín o 4 de marzo de 1970, é un empresario e político galego.
Traxectoria Fillo de Adolfo Campos Panadeiros, quen fora empresario e alcalde de Dozón moitos anos. É o conselleiro-delegado de NuCamSA, unha empresa de fertilizantes, e das súas sociedades dependentes, todas elas creadas e dirixidas inicialmente polo pai. En 2024 foi condenado pola morte dun traballador da empresa Frigodeza.
Foi concelleiro de Dozón e primeiro tenente de alcalde. Viña presidindo os plenos municipais desde principios de 2020 pola saúde do alcalde e pai. En xuño de 2020 Adolfo Campos Panadeiros dimitiu de alcalde e de concelleiro, por razóns de saúde, e o seu fillo fíxose cargo da alcaldía. O 13 de xullo de 2020 foi elixido alcalde de Dozón.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Dozón
Categoría:Alcaldes de Dozón Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes