Los Tarantos é un filme español de 1963 dirixido por Francisco Rovira Beleta. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 36ª edición dos premios.

O filme baséase na obra La historia de los Tarantos escrita por Alfredo Mañas, e está inspirado en Romeu e Xulieta de William Shakespeare.

Sinopse Los Tarantos é unha transposición da traxedia de amor frustrado de Romeu e Xulieta (ou da lorquiana Bodas de Sangre) a dúas familias xitanas rivais: os Tarantos e os Zorongos, ambientada na periferia chabolista da Barcelona do franquismo, na barriada de xitanos e pescadores de Somorrostro. Boa parte das escenas, rodadas en localizacións xenuínas (alí nacera a propia Carmen Amaya), poden considerarse case cinema documental ou similares ao cinéma vérité francés ou ao neorrealismo italiano; porén, as escenas musicais de puro flamenco e danza española, emparéntana co cinema musical, e as convencións da lectura entre liñas á que o público da época estaba afeite pola censura, co cinema de denuncia ou o cinema social.

Personaxes Carmen Amaya como Angustias Sara Lezana como Juana Daniel Martín como Rafael Antonio Gades como Mojigondo Antonio Prieto como Rosendo José Manuel Martín como Curro (acreaditado como J. Manuel Martín) Margarita Lozano como Isabel Juan Manuel Soriano Antoñita Singla como Sole (acreditada como Antonia 'La Singla') Aurelio Galán 'El Estampío' como Jero (acreditado como A. Galán 'El Estampío') Peret como Guitarrista

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 36ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1963 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Francisco Rovira Beleta Categoría:Filmes ambientados en Barcelona