La tía Tula é un filme español de 1964 dirixido por Miguel Picazo. O filme baséase na novela homónima de Miguel de Unamuno. Altamente aclamado, o filme é considerado un clásico do cinema español. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 38ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Sinopse Á morte da súa irmá Rosa, Tula leva a vivir á súa casa o seu cuñado Ramiro e os seus dous sobriños. A convivencia faise cada vez máis difícil, debido a que un pretendente de Tula quere que Ramiro inflúa sobre ela e facilitar así a voda coa súa cuñada. Mais Ramiro séntese inclinado cara a Tula e proponlle contraer matrimonio. Para buscar unha compañía que free por algún tempo as pretensións de Ramiro, Tula marcha co seu cuñado e sobriños a pasar unha tempada á casa do seu tío Pedro, nunha localidade próxima.Ficha en FimAffinity.
Personaxes Aurora Bautista como Tula Carlos Estrada como Ramiro Maria Enriqueta Caballeira como Juanita Laly Soldevila como Amalita Mari Loli Cobo como Tulita Irene Gutierres Caba como Herminia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 38ª edición dos Óscar Bibliografía Schwartz, Ronald, The Great Spanish Films: 1950- 1990, Scarecrow Press, Londres, 1991, Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1964 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Miguel Picazo