Carlos Manuel Serpa de Matos Gomes, tamén coñecido polo pseudónimo de Carlos Vale Ferraz, nado en Vila Nova da Barquinha (distrito de Santarém) o 24 de xullo de 1946 e finado en Lisboa o 13 de abril de 2025, foi un escritor portugués.

Traxectoria Coronel do Exército xubilado, estudou no Colégio Nuno Álvares de Tomar e fixo a carreira de Cabalaría da Academia Militar. Durante a Guerra Colonial cumpriu tres misións en Angola, Mozambique e Guinea, nas tropas especiais “Comandos”. Ficou ferido en combate e foi condecorado coas Medallas de Cruz de Guerra de 1.ª e 2.ª Classe. Tamén foi investigador de Historia Contemporánea de Portugal.

Adoptou o pseudónimo de Carlos Vale Ferraz para demarcar o militar de carreira que toda a vida foi, do escritor que pasou a ser desde que, en 1982, se estreou con Nó Cego.

En coautoria con Aniceto Afonso, publicou, entre outros, Guerra Colonial, con datos relevantes e reflexións indagadas sobre este período fulcral da Historia contemporánea portuguesa.

Obras

Novelas, como Carlos Vale Ferraz

Nó Cego (1982). En 2000 Editorial Notícias. Casa das Letras en 2008, Porto Editora en 2018. Obra de referencia obrigatoria na narrativa portuguesa sobre a guerra colonial. Os Lobos Não Usam Coleira (1995). Editorial Notícias. Libro que deu orixe ao filme Os Imortais de Pedro António Vasconcelos (2003). Soldadó (1996). Editorial Notícias. A historia dun soldado profundamente rural, o "Soldadó" que vai participar na guerra colonial portuguesa. Flamingos Dourados (2004). Editorial Notícias. Fala-me de África (2007). Casa das Letras. A serie de 43 episodios Sizalinda (RTP) baseouse nesta novela. Basta-me Viver (2010). Casa das Letras. Historia de amor de dúas nais polos seus fillos. A Mulher do Legionário (2013). Casa das Letras. A Estrada dos Silêncios (2015). Casa das Letras. A Última Viúva de África (2017). Porto Editora. Narra a historia de Alice Oliveira. Prémio Literário Fernando Namora/2018 Que fazer contigo, pá? (2019). Porto Editora. A historia de Rúben, heroe do 25 de Abril, derrotado do 25 de Novembro.

Como Carlos de Matos Gomes

Moçambique 1970 (2002). Tribuna da História

Co-autorías con Aniceto Afonso Guerra Colonial (2000). Editorial Notícias. Guerra Colonial - Um Repóter em Angola (2001). Editorial Notícias. Portugal e a Grande Guerra 1914-1918 (2013). Verso da História. Os Anos da Guerra Colonial 1961-1975 (2010). Quidnovi II. Alcora. O Acordo Secreto do Colonialismo. Portugal, África do Sul e Rodésia na última fase da guerra colonial (2013). Divina Comédia. Portugal e a Grande Guerra 1914 - 1915. Uma História Diferente (2014). Verso da História. Portugal e a Grande Guerra 1914 - 1915. As Trincheiras (2014). Verso da História. Portugal e a Grande Guerra 1917 - 1918. Uma Guerra Mundial (2014). Verso da História. Portugal e a Grande Guerra 1919-. O Pós-Guerra (2014). Verso da História. Portugal e a Grande Guerra 1918 - 1919. O fim da Guerra (2014). Verso da História. Portugal e a Grande Guerra 1914- O Início daGuerra (2014). Verso da História. A Conquista das Almas. Cartazes e panfletos da acção psicológica na guerra colonial (2016). Verso da História.

Notas

Categoría:Historiadores de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Nados en 1946

Categoría:Finados en 2025