Ventimiglia é unha cidade e comuna de Italia, da provincia de Imperia, na Liguria.

Xeografía A cidade está situada no golfo de Xénova, a 8 km da fronteira con Francia, polo que a miúdo se alcuma "a porta occidental de Italia", "a cidade fronteiriza" ou "a porta florida de Italia".

Por iso mantén fortes relacións económicas e sociais coa veciña Costa Azul, como evidencian os datos do transporte, ademais de que forma parte dela desde o punto de vista puramente xeográfico. miniatura|Vista da cidade A unha altitude media de 9 msnm, o concello ocupa unha superficie de 53,73 km². Segundo o censo en 2019 tiña 24 142 habitantes, ISTAT, cunha densidade de poboación de 449,32 hab./km².

Evolución demográfica

Historia Ventimiglia foi a capital dunha tribo ligur que resistiu bastante tempo á dominación romana, aínda que se someteu no aoo 115 a. C. A historia de Ventimiglia é unha continua sucesión de asedios e distintos dominadores: romanos, godos, bizantinos, lombardos e xenoveses. En xeral a súa sorte estivo ligada á de Xénova.

Actualmente Ventimiglia é unha tranquila vila turística, pero tamén dedicada á agricultura e á pesca.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Ventimiglia .

Categoría:Concellos da provincia de Imperia