Marsha P. Johnson, nada o 24 de agosto de 1945 e finada o 6 de xullo de 1992, foi unha activista estadounidense da liberación gaiI've been involved in gay liberation ever since it first started in 1969, 15:20 into the interview, Johnson is quoted as saying this. e unha drag queen autodeclarada. Coñecida como unha defensora dos dereitos LGBT, Johnson foi unha das figuras destacadas da rebelión de Stonewall en 1969. Membro fundador da Fronte de Liberación Gai, Johnson foi cofundadora do grupo activista radical Street Transvestite Action Revolutionaries (S.T.A.R.), xunto coa súa amiga Sylvia Rivera. Unha figura popular na escena artística e gai da cidade de Nova York, Johnson foi modelo para Andy Warhol, e realizou actuacións drag co grupo Hot Peaches. Coñecida durante décadas como unha presenza acolledora das rúas de Greenwich Village, Johnson era coñecida como a "alcaldesa de Christopher Street". Dende 1987 a 1992, Johnson foi unha activista da SIDA xunto con ACT UP.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Activistas LGBT dos Estados Unidos de América