Margaret W. Rossiter, nada nos Estados Unidos o 8 de xullo de 1944 e finada o 3 de agosto de 2025, foi unha historiadora da ciencia, e profesora de Historia da Ciencia na Universidade de Cornell. Rossiter acuñou o termo Efecto Matilda para designar a negación e falta de recoñecemento das contribucións de mulleres científicas, cuxo traballo adoita a ser atribuído aos seus compañeiros homes.
Traxectoria Margaret Rossiter e o seu irmán xemelgo Charles naceron nunha familia de militares no fin da segunda guerra mundial."Writing Women into Science", Writing and revising the disciplines, Editor Jonathan Monroe, Cornell University Press, 2002, ISBN 978-0-8014-8751-4 A familia instalouse en Massachusetts, preto de Boston, primeiro en Malden e despois en Melrose. Rossiter descubriu o campo historia da ciencia cando era unha estudante de ensino medio, cando ela di que estaba máis interesada nas historias dos científicos que nos experimentos porque "no laboratorio nós dificilmente conseguiamos facer os experimentos de xeito 'correcto'.""Writing Women into Science", Writing and revising the disciplines, Editor Jonathan Monroe, Cornell University Press, 2002, ISBN 978-0-8014-8751-4 Rossiter recibiu o National Merit Scholar e en 1962 foi para a Radcliffe a estudar Matemáticas. No proceso, mudou a graduación para Química, e despois, para Historia da Ciencia, finalmente graduando-se en 1966. Mentres estudaba na Radcliffe, desenvolveu un interese na historia da ciencia dos Estados Unidos, un campo de estudo que estaba só comezando a ser explotado.
Despois de graduarse en Radcliffe, Rossiter pasou o verán traballando na Smithsonian antes de facer un mestrado na Universidade do Wisconsin-Madison."Writing Women into Science", Writing and revising the disciplines, Editor Jonathan Monroe, Cornell University Press, 2002, ISBN 978-0-8014-8751-4 Logo, fixo un doutoramento no departamento de historia da ciencia da Yale, completado en 1971, abordando os tópicos de ciencias agrarias e científicos estadounidenses en Alemaña. Despois, recibiu unha bolsa de estudos en Harvard."Writing Women into Science", Writing and revising the disciplines, Editor Jonathan Monroe, Cornell University Press, 2002, ISBN 978-0-8014-8751-4
Carreira e contribucións académicas Durante a súa estadía en Harvard, Rossiter comezou a interesarse na historia das mulleres na ciencia estadounidense. Descubriu centenares desas mulleres cando, en preparación para un estudo posdoutoral sobre ciencia estadounidense no século XX, atopou o libro American Men of Science (agora chamado American Men and Women of Science)), onde estaban escondidas as biografías de 500 mulleres científicas. Ese descubrimento inspirou a súa obra Women scientists in America before 1920 que publicou na revista American Scientist despois de ser rexeitada pola Science e Scientific American. O éxito da súa publicación a levou a continuar as súas investigacións na área, a pesar da recepción pouco calorosa na comunidade científica. Asumiu o cargo de profesor visitante na UC Berkeley , e entón lle chamou atención un novo libro sobre mulleres científicas. A pesar de ter oído dalgunhas mulleres científicas que "non había nada para estudar", Rossiter encontrou unha riqueza de informacións."Writing Women into Science", Writing and revising the disciplines, Editor Jonathan Monroe, Cornell University Press, 2002, ISBN 978-0-8014-8751-4 Esa abundancia de fontes permitiu que os seus plans para un libro se tornasen un proxecto de tres volumes. En 1981 recibiu unha bolsa Guggenheim que lle permitiu continuar o seu traballo. En 1982 publicou o seu primeiro volume, Women Scientists in America, Struggles and Strategies to 1940, coa Johns Hopkins University Press. O libro foi ben recibido, incluíndo recensións positivas no The New York Times, Nature, e Science.
Tras a publicación do primeiro volume, Rossiter foi convidada a dirixir o programa de Historia e Filosofía da Ciencia da Fundación Nacional da Ciencia de 1982 a 1983. Entre 1983 e 1984 traballou como profesora visitante en Harvard, onde continuou a escribir o segundo volume. Axiña traballou na Cornell.
Terminou as investigacións para o seu segundo volume, Women Scientists in America: Before Affirmative Action, 1940-1972. Foi publicado pola Johns Hopkins en 1995. Ese volume examina as barreiras para a participación integral das mulleres científicas no período entre a segunda guerra mundial e 1972. Unha das barreiras eran as leis antinepotistas de moitas facultades e universidades, que prohibía as persoas casadas teren cargos titulares. Rossiter cita moitos exemplos, pero chama a atención o da matemática Josephine Mitchell. Mitchell era profesora titular na Universidade de Illinois os anos 50, cando ela casou cun membro non-titular do departamento de matemática. Como resultado, ela dimitiu mentres o seu marido permaneceu no cargo. O segundo volume tamén foi ben recibido gañando o History of Women in Science Prize e o Pfizer Prize. O History of Women in Science Prize foi subsecuentemente nomeado en homenaxe a Rossiter.
En 1994 foi a editora do Isis, o xornal oficial da History of Science Society, e continuou até 2003. Tamén continuou a dar clases sobre agricultura, mulleres e ciencia na Cornell.
Rossiter completou a súa triloxía coa publicación, en 2012 de Women Scientists in American Volume 3: Forging a New World Since 1972. Ese último volume describe decenas de mulleres que se volveron activistas para o avance das mulleres na ciencia tras o Equal Employment Opportunity Act, en 1972.
O traballo de Rossiter ten sido especialmente significante como base para outros investigadores."Writing Women into Science", Writing and revising the disciplines, Editor Jonathan Monroe, Cornell University Press, 2002, ISBN 978-0-8014-8751-4 Non soamente no mundo anglófono. Carmen Magallón afirma que foi o traballo de Margaret Rossiter o que a inspirou a investigar a experiencia de mulleres pioneiras nas ciencias en España .Carmen Magallón: Pioneras españolas en las ciencias, Madrid, CSIC, 2004: http://editorial.csic.es/publicaciones/libros/11110/978-84-00-07773-0/pioneras-espanolas-en-las-ciencias-las-mujeres-del.html
No inicio dos anos 80, Margaret Rossiter ofreceu dous conceptos para entender as estatísticas de mulleres na ciencia e as desvantaxes que as mulleres continúan tendo. A primeira ela chamou de segregación hierárquica, un fenómeno ben coñecido de que canto máis se sobe na escala de poder e prestixio menos mulleres se ve. O segundo concepto ofrecido foi o de "segregación territorial", como as mulleres se agrupan en disciplinas científicas.
Premios
1961 National Merit Scholarship Program 1981 Guggenheim Fellowship 1989 MacArthur Fellows Program 1997 Margaret W. Rossiter History of Women in Science Prize
Notas
Véxase tamén Outros artigos Efecto Matilda
Categoría:Profesores da Universidade Cornell Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2025