Los dioses rotos é un filme cubano de 2008, escrito e dirixido por Ernesto Daranas. Foi escollido como candidato de Cuba para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Laura é unha profesora universitaria que investiga sobre o coñecido proxeneta cubano Alberto Yarini, asasinado a balazos polos seus rivais franceses que controlaban o negocio da prostitución na Habana de comezos do século XX. Interesada en demostrar a vixencia do lendario personaxe, mergúllase nunha das zonas máis complexas da realidade habanera.
Personaxes Silvia Águila como Laura Carlos Ever Fonseca como Alberto Héctor Noas como Rosendo Annia Bú Maure como Sandra Isabel Santos como Isabel Eman Xor Oña como Basilio Patricio Wood como Román Amarilis Núñez como Rosa Mario Limonta como Lázaro Kiriam (Jesús Irmino) como Bárbaro (Baby) Idalmis García como Tamara Claudia Muñiz como Karla
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Cuba propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua yoruba Categoría:Filmes de Cuba