Ceca de Nicomedia Sólido de Licinio260x260pxLICINIVS AVGVSTVS, cabeza laureada cara á dereita.IOVI CONS LICINI AVG, Xúpiter no trono cara á esquerda, con inscrición SIC X/SIC XX na base, cunha Vitoria sobre un orbe na man dereita e un cetro na esquerda, e ao pé unha aguia. No exergo: SMNG.Ceca de Nicomedia, 3º obradoiro. Ca. 317-318. 5,34 g. RIC VIII 20 corr.
A ceca de Nicomedia foi un obradoiro monetario da Antiga Roma establecido na cidade de Nicomedia (a actual İzmit), na Asia Menor. Estivo activo desde a fin do século III d. de C. ata a segunda metade do século V, e posteriormente, como ceca bizantina, de 498 a 629. As súas marcas de ceca foron NIKOMI, NIKO, NIKM, NIC, NIK, NI e N.Grierson, P. (1982). Páxina 22."Roman Mints: Nicomedia". En Forum Ancient Coins
Historia Baixo o Imperio Romano, Nicomedia era capital da diocese do Ponto e estaba situada nun cruzamento das principais rutas que articulaban o territorio de Asia Menor, o que lle asegurou á cidade unha prosperidade económica baseada no comercio, aínda que cun carácter subalterno con respecto á súa veciña Constantinopla, capital da parte oriental do Imperio."Knowing the Roman imperial mints: XI-Nicomedia". Aeternitas Numismatics.
Nese contexto, en 294, en tempos de Diocleciano, instalouse na cidade unha ceca onde comezou acuñarse moeda de ouro, de prata e, especialmente, de bronce, para abastecer de circulante a diocese póntica. A ceca dividíase en dous obradoiros para a cuñaxe de moeda de bronce. No entanto, a súa produción non foi moi abundante durante a tetrarquía, en comparación coa das cecas máis próximas. No segundo período tetrártico, a ceca aumentou notablemente a súa produción, ao dividir a cuñaxe en catro obradoiros inicialmente, que chegaron a sete en tempos de Licinio (263-265).
esquerda|miniatura|Follis da ceca de Nicomedia a nome de Constantino II (337-340)
Coa reforma monetaria de Xuliano o Apóstata (361-363) o número de obradoiros descendeu a tres e a produción reduciuse. Porén, ao decatárense os emperadores do importante papel de Nicomedia como bastión defensivo de Constantinopla, a presenza militar na cidade aumentou e, con ela, a necesidade de novo circulante, o que levou á apertura dun cuarto obradoiro, que funcionou ata tempos de Arcadio (395-408), cando se reduciu a dous. miniatura|Follis de 40 nummi da ceca de Nicomedia, coa marca de ceca NIK A ceca mantivo a súa actividade nas primeiras épocas do Imperio Bizantino. Logo da reforma monetaria de Anastasio I (491-518), levada a cabo en 498, a ceca pasou a limitar a súa cuñaxe (do mesmo xeito que a súa ceca xemelga de Cízico) ás moedas de bronce.Grierson, P. (1982). Páxinas 63 e 47. Xunto coa ceca de Cízico, a de Nicomedia xogou un importante papel na seguinte reforma monetaria de 539.Grierson, P. (1982). Páxina 64. Nos séculos VI e VII utilizáronse marcas de ceca de dous obradoiros, indicados como A e B.Grierson, P. (1982). Páxina 24.
Por mor da ocupación persa cesou a súa actividade entre 614 e 615 e despois, novamente, entre 625 e 626.Hendy, M. H. (2008). Páxinas 416-417. Logo dunha efémera reapertura pechou definitivamente no marco da reorganización das cecas emprendida polo emperador Heraclio I (629), xunto coa ceca de Tesalónica.Grierson, P. (1982). Páxinas 85 e 106.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Cecas da Antiga Roma Cecas bizantinas
Bibliografía
Grierson, P. (1982). Byzantine Coins. Tasylor & Francis. ISBN 9780416713602 Hendy, M. H. (2008). Studies in the Byzantine Monetary Economy C.300-1450. Cambridge University Press. ISBN 9780521088527 (RIC): Roman Imperial Coinage (1923-1994). 10 volumes.
Categoría:Cecas da Roma antiga Categoría:Moedas do Imperio Bizantino Categoría:Asia Menor Categoría:Historia de Turquía