Manuel Carrozas Varela, nado en Sarria cara a 1907, foi un falanxista galego.

Traxectoria Fillo de Luis Carrozas e Manuela Varela. Foi detido pola Garda Civil en 1921 como promotor dunha pelexa na que resultou un mozo ferido de escopeta.La Integridad, 25-10-1921, p. 2. Afiliado a Falange, a madrugada do 26 de xuño de 1936 foi autor do atentado contra o concelleiro e secretario de Izquierda Republicana de Sarria Pedro García Arcas, que resultou gravemente ferido polos disparos e morreu ao día seguinte, e do asasinato do tamén militante de IR Victorino Cabarcos López, no local da sociedade La Unión. Como protesta declarouse a folga xeral en Sarria.Diario de Pontevedra, 27-6-1936, p. 2.El Pueblo Gallego, 27-6-1936, p. 12.La Voz de Galicia, 28-6-1936, p. 10.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Lugo por dous policías na madrugada do 23 de xullo por resistenza e insultos, pero desapareceu do Cuartel onde estaba retido antes do 1 de agosto. Ao pouco tempo foi nomeado xefe de milicias de Falange de Sarria.El Progreso, 4-10-1936, p. 4. En 1948 ingresou no Instituto Psiquiátrico de Valladolid.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes