miniatura|Kaag nunha xuntanza co ministro de Asuntos Exteriores de Níxer o 25 de abril de 2019 Sigrid Agnes Maria Kaag, nada en Rijswijk o 2 de novembro de 1961, é unha política e diplomática neerlandesa.
Traxectoria Filla dun pianista, medrou en Zeist e en 1980 foi á Universidade de Utrecht para estudar filoloxía árabe pero acabou mudando de idea e licenciouse en 1985 en estudos de Oriente Medio pola Universidade Americana no Cairo. Conta cun mestrado en política e economía do Oriente Medio da Universidade de Exeter (1987) e outro de relacións internacionais do St Antony's College de Oxford (1988). En 1990 realizou un curso de relacións internacionais no Instituto Clingendael.
Entre 1988 e 1990 traballou como analistapara a Shell en Londres. En 1990 volveu aos Países Baixos e entrou a traballar no departamento de relacións políticas coa ONU do ministerio de asuntos exteriores, posto no que permaneceu ata 1993. En 1994 comezou a traballar para as Nacións Unidas e ata 1997 foi xefa de proxectos e directora de relacións cos doadores da UNRWA, a axencia da ONU para os refuxiados palestinos en Oriente Medio, con sede en Xerusalén. Entre 1998 e 2004 traballou na Organización Internacional para as Migracións en Xenebra e en 2004 e 2005 foi conselleira principal da ONU en Khartún e Nairobi. De 2007 a 2010 foi un directora rexional para o Oriente Medio e África do Norte de UNICEF en Amán. Dende 2010 a 2013 foi subsecretaria xeral, do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) con sede en Nova York. Entre outubro de 2013 e setembro de 2014 encabezou a misión conxunta da Organización para a Prohibición das Armas Químicas e da ONU en Siria"Sigrid Kaag: verdedigster van de Palestijnse zaak. Nederlandse VN-diplomate gaat ontwapeningsmissie in Syrië leiden", NPO Geschiedenis, 16 de outubro de 2013 coordinando un equipo composto por un cento de expertos co encargo de aseguraren a destrución das armas químicas nese país e tras completar o seu labor en Siria a partir de decembro de 2014 e ata outubro de 2017 foi coordinadora especial da ONU no Líbano.
A proposta do partido dos Demócratas 66 o 26 de outubro de 2017 incorporouse ao gabinete Rutte III como ministra de Comercio Exterior e Cooperación para o Desenvolvemento. Ao reducir o presidente estadounidense, Donald Trump á metade a axuda á UNRWA, Kaag transferiulle á maior brevidade 13 millóns de euros á organización, feito que creou malestar cos socios da coalición: VVD, CDA e ChristenUnie ao consideraren pouco transparente a comunicación sobre o asuntoVVD, CDA en CU knarsetanden na Palestijnse hulpgeldactie minister Kaag, nos.nl, 26 de xaneiro de 2018
Tras a destitución do ministro de Asuntos Exteriores, Halbe Zijlstra, o 13 de febreiro de 2018, Kaag asumiu interinamente as súas funcións ata o nomeamento de Stef Blok o 7 de marzo. Kaag é unha das favoritas para asumir o liderado do seu partido, vacante dende outubro de 2018.
Notas
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Holanda Meridional Categoría:Ministros dos Países Baixos Categoría:Diplomáticos Categoría:Alumnos da Universidade Americana do Cairo Categoría:Alumnos da Universidade de Exeter Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Personalidades da ONU