Os iadovos (en ) ou adovos eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense que viviu na costa norte da actual Galicia, arredor do territorio de Viveiro e Ortigueira. Segundo o francés A. Tranoy é posible que o seu territorio ocupase o val do Masma e a rexión de Mondoñedo.

De acordo o Naturalis historia de Plinio o Vello, ocupaban a área do norte de Lugo, sendo veciños doutros pobos como os cibarcos, os egobarros e os albións, ocupando a área entre os arróns (no cabo Ortegal) e os egobarros que se estendían por Foz ata Viveiro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de tribos celtas

Categoría:Galaicos Categoría:Pobos prerromanos de Gallaecia