O sindicato OTRAS (acrónimo de "Organización de TRAbajadoras Sexuales"; en galego, "Organización de TRAballadoras Sexuais") é un sindicato español do ramo do traballo sexual, cuxos estatutos foron invalidados en novembro de 2018 por decisión da Audiencia Nacional de España. Malia esta decisión, que foi recorrida polo sindicato, a organización continúa activa a día de hoxe; segundo a súa secretaria xeral, Conxa Borrell, OTRAS representa máis de 600 mulleres.

Ideoloxía e organigrama A Organización de Trabajadoras Sexuales declárase coma un colectivo "abolicionista de todas as formas de explotación", e "pro-dereitos": reclama os dereitos "lexítimos" desde o seu "lugar como traballadoras na estrutura desta sociedade de mercado", e apoian "unha intervención na superestrutura (simbólica) que de-constrúa a organización social e doméstica heteronormativa, binaria e androcéntrica, para introducir e normalizar as múltiples diversidades sexuais e afectivas."

Declaran como valores propios a horizontalidade, a transparencia, o antiracismo, o respecto polos Dereitos Humanos e a aprendizaxe e a formación constantes, abogando por unha educación universal para favorecer e apoderar aos suxeitos vulnerábeis ás inxustizas.

O sindicato OTRAS defínese coma dividido en varias seccións de actuación: a do traballo sexual de rúa, a do traballo sexual online/telefónico, a do traballo sexual independente, a do traballo sexual a terceiros, a do traballo sexual indoor, a do traballo sexual outdoor, e a do traballo sexual audiovisual.

Reivindicacións O sindicato OTRAS entende o traballo sexual coma un intercambio consensuado de servizos sexuais entre persoas adultas, adscritas a todos os xéneros (mulleres, homes e non binarias), que deben ter os mesmos dereitos laborais lexítimos que os traballadores de calquera outro sector (incluíndo aqueles dereitos derivados das particularidades do traballo sexual), para o que cómpre recoñecer o dereito contractual para cos seus clientes e para cos seus empregadores, se os houbese.​ Partindo desta definición de traballo sexual, as súas principais reclamacións son as seguintes:

Concienciación social sobre o estigma que atravesa as vidas das traballadoras sexuais; isto é, coñecer a implicación do mesmo coma “mandato social de illamento” en todos os ámbitos relativos ao desenvolvemento persoal: vivenda, cultura, traballo, maternidades, estudos e procesos burocráticos diversos. Responsabilidade política co colectivo de traballadores sexuais: isto é, entre outras cousas, rigorosidade, ética e correcto tratamento dos datos á hora de abordar campañas de concienciación sobre a trata con fins de explotación sexual. Descriminalización do traballo sexual en todas as súas formas, en base a leis que avoguen polos seus dereitos laborais e humanos. Recoñecemento dos suxeitos coma profesionais do sector laboral do sexo e as sexualidades, con capacidade de axencia. Dotación de ferramentas para seren lexitimadas coma suxeitos políticos.

Casos xurídico-laborais En febreiro de 2019, o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid determinou nunha sentenza a existencia dunha relación laboral entre o propietario dun club de alterne e Evelyn Rochel, traballadora sexual afiliada ao Sindicato OTRAS,​​​ sendo a primeira vez que isto ocorre na historia recente de España. Esta sentenza implicou o inicio dunha inspección de traballo no "Flower's", definido coma "un dos maiores bordeis de Madrid"​​. Porén, a inspección foi paralizada até a resolución do recurso (aínda non finalizada en xuño de 2020) presentado polo bordel ante o Tribunal Supremo de España.​ Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial do Sindicato OTRAS

Outros artigos

Colectivo Hetaira

Categoría:Prostitución Categoría:Sindicatos de España